luns, 13 de febreiro de 2017

Entroido en Mil Cores

Este Entroido voltamos coas Aulas Creativas, para axudar na conciliación familiar, para que os peques creen e se divirtan.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos, levaremos a cabo a elaboración de máscaras, maquillaxe facial de Entroido e moitas actividades creativas e xogos cooperativos.

Luns, martes e mércores de Entroido de 10 a 13:30h, por 20€ o día.
Reserva de prazas dende xa no 622618535 ou cun mail a milcoreslugo@gmail.com

É necesario que reservedes a praza con antelación para a boa organización dos talleres.


Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.