Belly painting, a arte de debuxar a
barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o
embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o
abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen
simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma
sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas.
A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa
que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para
a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e
tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a
cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase
unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do
embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a
familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.
Ademáis, o belly painting é un
xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e
creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada
Dende 100€, consúltanos sen compromiso.