luns, 17 de outubro de 2016

Talleres curtos de Novembro

Xa temos a programación de talleres curtos do vindeiro mes de Novembro, xa sabedes que podedes reservar praza dende xa:

-Fotografía Dixital en 5 sesións, dende o Luns 07 de 20:30 a 22:00h. Por 70€ todo o curso.

-Fotografía Dixital en 3 sesións, de 12 a 16 anos dende o Sábado 12 de 17:30 a 19:00h. Por 40€ todo o curso.

-Aprende a usar a túa máquina de coser, en 4 sesións, dende o Xoves 10 de 18:00 a 19:30h. Por 60€ todo o curso.





Video creación


Aquí vos deixamos un  dos videos da Gala dos Premios Lider 2016, neste caso o Intermedio de Fútbol: un gustazo levar a cabo estes traballos!

 

En Mil Cores levamos a cabo a realización de curtas, spots, documentais, video clips e video currículums, se estás interesado nalgún traballo audiovisual ou de video creación ponte en contacto con nós no 622618535, sen compromiso.

martes, 11 de outubro de 2016

Taller continuado de Pintura artística e Traballos manuais

A partires do día 18 de Outubro comenzamos os nosos grupos de Pintura artística e Traballos manuais dos martes e mércores e continuamos cós dos xoves e venres.
-Martes de 18:00 a 20:00h
-Mércores de 16:30 a 18:30h
-Xoves de 18:00 a 20:00h
-Venres de 11:30 a 13:30h

Elixe o grupo que mellor te vaia e inscríbete nos nosos talleres por só 22€ ao mes. Aprenderás, pasarás un rato ben agradable e esquencerás o stress do día a día, non hai edade para aprender e dispoñemos de diferentes niveis para princpiantes e para perfeccionar ás diferentes técnicas.

Poderás facer cousas tan bonitiñas coma estas:



Mil Cores, 10 anos convosco!