mércores, 25 de novembro de 2015

Decembro en Mil Cores




Obradoiros Intensivos:
-Cuncas decoradas a man, en familia.
Sábado día 12 de 17:00 a 20:30h
Para fomentar as actividades en familia poñemos en marcha un marabilloso taller onde pais/nais e fillos/fillas deixarán voar a asúa imaxinación e creatividade para realizar a decoración en parella de dúas cuncas pintadas a man.
Varios modelos a elexir.
Custo: 55€ por parella (tódolos materiais incluidos)

-Pintura sobre tecido.
Sábado 19 de 17:00 a 20:30h
Aprenderemos diferentes técnicas de pintura sobre tecido e decoraremos  a man unha bolsa de tea coa que podes agasallar a alguén especial nestas festas de Nadal.
Varios modelos a elexir.
Custo: 30€ (tódolos materiais incluidos)





Obradoiros Curtos (en 4 sesións):
-Descubrindo aos Grandes Mestres I:

Os Luns de 18:00 a 20:00h, dende o día 07 ao día 28
Programación:
Aprendendo a ollar, como se analiza unha obra pictórica?
Achegamento aos mestres: Pablo Picasso, Vincent Van Gogh e Xoaquín Sorolla
Custe: 50€ (material incluido)

-Encadernación artesanal:
Os Luns de 20:30 a 22:00h, dende o día 07 ao día 28
Programación:
Encadernación xaponesa
Cosido a dente de can
Cosido alterno de catro cortes
Lombos e tapas
Custo: 60€ (materiais inlcuidos)

-Deseño publicitario I:

Os Mércores de 20:30 a 22:30h, dende o día 09 ao día 30
Programación:
Achegamento a programas de debuxo vectorial por ordenador
Creación e deseño de traxetas, octavillas e cartaces
Custo: 50€ (materiais inlcuidos)

-Arranxos de costura:
Os Mércores de 20:30 a 22:30h, dende o día 09 ao día 30
Programación:
Poñer pinzas
Arranxar baixos e acortar mangas
Cambios de cremalleira
Cambios de cinturilla
Custo: 50€
Lembrade ademáis que seguimos cós nosos talleres continuados (até Xuño), cun custo de 22€ ao mes:
-Pintura e traballos manuais adultos
-Pintura e traballos manuais nenos
-Restauración do moble
-Adestramento da memoria
-Iniciación á informática
 
Sesións de 2 horas á semana. Case todos eles con varios grupos para elexir o que mellor te vaia e con prazas libres.
 


Para calquera dos nosos talleres non é necesario ter coñecementos previos.

martes, 24 de novembro de 2015

Esto e moito máis é Mil Cores!

 

Así de ben o pasamos en Mil Cores, non perdas a ocasión de colorear o teu inverno: infórmate sen compromiso no 622618535 ou ven a coñecernos en Ronda das Fontiñas 176 nos seguintes horarios:

Martes de 17:30 a 20:30h
Mércores de 16:30 a 18:30h
Xoves de 17:30 a 19:30h
Venres de 12:00 a 14:00h
Sábados de 11:30 a 13:00h


(Graciñas a todas/os por participaren no vídeo)

Aquí tes un resumo rápido dalgúns dos nosos talleres, pero recorda que temén levamos a cabo:
-Belly painting e sesión de fotografías
-Clases individualizadas e a domicilio
-Master-class, conferencias e talleres intensivos en centros de ensino, centros sociais e/ou de maiores
-Actividades extraescolares, para asociacións ou no rural
-Traballos audiovisuais: curtametraxes, reportaxes, video clips...
-Traballos de deseño gráfico
-Traballos manuais, pintura, encadernación, pintura en tecido para crear o agasallo máis especial para quen máis queres



domingo, 8 de novembro de 2015

Intensivos do mes de Novembro

O sábado día 14 de Novembro levaremos a cabo o intensivo de pintura en tecido de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos varias técnicas de pintura sobre tecidos como o estarcido ou pintura a man sobre tea e realizaremos un bolso de tea pintado a man (que resistirá ós lavados). (Se o prefires podes traer a túa propia prenda de roupa para decorala, recorda que debe ser tecido de algodón e que a debes traer lavada sen suavizante)
Diferentes deseños para elexir.
Prezo: 30€ (material incluido)


Derradeiro día de inscrición xoves 12!! Prazas limitadas por orde de inscrición.



O Sábado 21 de Novembro, de 17:00 a 20:00h, levaremos a cabo un taller intensivo onde realizaremos un portamoedas personalizado con feltro.
Diferentes deseños para elexir.Prezo: 30€ (material incluido)


Derradeiro día de inscrición xoves día 19, prazas limitadas e por orde de inscrición.


Mil Cores, 10 anos convosco!