martes, 31 de xaneiro de 2017

Tapicería e restauración do moble



-Tapicería e restauración do moble:
Comezará o Luns 06 de Febreiro de 18:00 a 20:00h. Levarase a cabo durante 8 semáns tódolos Luns de 18:00 a 20:00h
Inscricións até este venres día 03 de febreiro.
Se queredes modernizar os vosos mobles vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos previos.
Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.

Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.



Se vos interesa só tedes que respostar a este mail ou chamar ao 622618535.

Aprende a usar a túa máquina de coser en 4 sesións



-Aprende a usar a túa máquina de coser en 4 sesións:
Comenzará o mércores dia 15 de 19:00 a 20:30h e levarase a cabo até o día 08 de marzal.
Aprenderemos os segredos da máquina: enfilar, cambiar as bobinas, diferentes tipos de puntadas, facer ojales... Ademáis de aprender a coser correctamente.
Custe: 60€ todo o taller
Inscricións até o venres 10 de febreiro
Grupos reducidos, máximo 8 persoas

Se vos interesa só tedes que respostar a este mail ou chamar ao 622618535.

domingo, 15 de xaneiro de 2017

Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións

Novos talleres en mil Cores, a partires de Febreiro: Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións

Comezamos o día 02 de Febreiro o noso Taller continuado Medrando en Cores, dirixido a nenos e nenas de entre 2 e 4 anos levarase a cabo tódolos xoves de 16:30 a 17:30 até Xullo.

Porque pintar, debuxar ou modelar son actividades imprescindibles para o desenrolo da percepción, a motricidade fina ou a interacción social. A través da arte aprenden a explorar o medio que os redea, a plasmar sentimentos e sensacións e adquiren conciencia de sí mesmos e dos demáis á vez que potencian a autoestima e a creatividade.

Custo: 30€ ao mes
Grupos reducidos de máximo 8 peques con dous monitores.
Inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada. 




Taller de Tapicería e restauración do moble: comezará o Luns 06 de Febreiro de 18:00 a 20:00h.
Se queredes modernizar os vosos mobles vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos previos, inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Levarase a cabo durante 8 semáns tódolos Luns de 18:00 a 20:00h

Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.
.



Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

Talleres curtos de Xaneiro



ARRANXOS DE COSTURA EN 4 SESIÓNS

Este xoves día 12 ás 18:00h comenzamos o noso Obradoiro en 4 sesións de Arranxos de Costura: porque antes de desechar e mercar roupa nova, podemos arranxar e modernizar a que xa temos. Aprenderemos a subir baixos, acortar mangas, poñer cremalleiras e pinzas e anchear ou encoller cinturillas.
Prazo de inscrición ampliado até o martes ás 20:00h

Custe de todo o curso: 60€
Chamade ao 622618535 ou enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com!




FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 5 SESIÓNS

O Luns 16 de xaneiro ás 20:30h comezamos o noso Taller en 5 sesións de Fotografía Dixital: coñeceremos as nosas cámaras e veremos os segredos para sacarllelo máximo proveito: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e diferentes técnicas fotográficas.
Todo alternando teoría e práctica: porque practicar é a mellor forma de aprender.


Custe de todo o curso: 70€
Podedes anotarvos até o sábado 14 ás 20:00h así que, xa sabedes
 enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com ou chamade ao 622618535.

Mil Cores, 10 anos convosco!