domingo, 8 de xaneiro de 2017

Talleres curtos de Xaneiro



ARRANXOS DE COSTURA EN 4 SESIÓNS

Este xoves día 12 ás 18:00h comenzamos o noso Obradoiro en 4 sesións de Arranxos de Costura: porque antes de desechar e mercar roupa nova, podemos arranxar e modernizar a que xa temos. Aprenderemos a subir baixos, acortar mangas, poñer cremalleiras e pinzas e anchear ou encoller cinturillas.
Prazo de inscrición ampliado até o martes ás 20:00h

Custe de todo o curso: 60€
Chamade ao 622618535 ou enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com!




FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 5 SESIÓNS

O Luns 16 de xaneiro ás 20:30h comezamos o noso Taller en 5 sesións de Fotografía Dixital: coñeceremos as nosas cámaras e veremos os segredos para sacarllelo máximo proveito: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e diferentes técnicas fotográficas.
Todo alternando teoría e práctica: porque practicar é a mellor forma de aprender.


Custe de todo o curso: 70€
Podedes anotarvos até o sábado 14 ás 20:00h así que, xa sabedes
 enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com ou chamade ao 622618535.

Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.