domingo, 26 de xaneiro de 2020

Belly painting


Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.

A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.

Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
15 imaxes retocadas en alta resolución
Dende 100€.

Tamén temos a posibilidade de sesión de maquillaxe, sen fotos, dende 60€ a sesión.
Infórmate sen compromiso no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com

xoves, 16 de xaneiro de 2020

Monográficos de Febreiro


Monográficos de febreiro: cuncas personalizadas e fotografía infantil o sábado 08 de febreiro e máscaras de entroido infantil o sábado 15.

Custe: 30€ cada taller, material incluido.

 

Taller curto de Febreiro




Escritura creativa en catro sesións, os xoves de Febreiro de 20:30 a 22:00h. Saca o escritor que levas dentro!
Custe: 40€

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Monográficos de xaneiro




Estes son os intensivos de Xaneiro:
-Encuadernación belga para adultos, sábado 11.
-Escrapbooking para os máis peques, sábado 18.
De 5 a

Inclúen todo o material. Custe 30€.
Inscricións no 622618535.

#MilCores #Lugo #Galicia #Pintura #Acuarela #Dibujo #Debuxo #Color #Cor #Colour #Paint #Art #Artwork #Niños #Adultos #Nenos #Cursos #Encuadernacion #Encadernacion #TraballosManuais #Manualidades #Kids #Creatividade #Ocio #Lecer #Creatividad #Academia #Talleres #Regalo #Nadal

Mil Cores, 10 anos convosco!