martes, 29 de setembro de 2015

Fotografía Dixital en 5 sesións, meniños

Durante o vindeiro mes de outubro levaremos a cabo o Taller de Fotografía Dixital en 3 sesións para peques de 10 a 14 anos.
-Sábados de 17:00 a 18:30h dende o día 17
Podedes reservar xa a praza do voso peque! Prazas limitadas por orde de inscrición.


Fotografía Dixital en 5 sesións, Outubro

Obradoiro de Fotografía Dixital en 5 sesións, a partires do xoves día 15 de outubro de 20:30 a 22:30h.

Aberto prazo de matrícula, prazas reservadas por orde de inscrición.


luns, 21 de setembro de 2015

Obradoiros 2015-2016





Prezos:

-Talleres continuados: 22€ ao mes por cada taller, con descontos se ves varias veces á semán ou se estás en situación de desemprego.

-Talleres en 3, 4 ou 5 sesións varían entre os 35€ e os 70€.

-Intensivos e monográficos dende 30€ (dependendo do taller) con todo material incluido.

Os horarios son orientativos e flexibles: se che vai ben outra hora ou outro día, só tes que poñerte en contacto connosco: cun mínimo de 4 persoas abrimos grupo novo.

Se prefires que desenrolemos as nosas actividades na casa, no cole ou na asociación de veciños só tes que decilo e cuadramos horarios e prezos.


xoves, 10 de setembro de 2015

Talleres Continuados 2015-2016

Talleres continuados dende a primeira semana de Setembro á derradeira semana de Xuño.
Prezo: 22€ ao mes cada obradoiro
Con descontos para persoas en situación de desemprego e bonos para realizar varios talleres continuados ao mes.
Para iniciarse no taller en sí, ou perfeccionar as técnicas xa aprendidas, dunha forma contínua cunha duración de 9 meses. Non é necesario ter coñecementos previos.
Pódese asistir tódolos meses ou algúns meses de forma puntual, según as necesidades de cada un.
Reserva de matrícula aberta, prazas limitadas por orde de inscrición.

-INICIACIÓN Á INFORMÁTICA: Mércores de 18:30 a 20:00h
-ADESTRAMENTO DA MEMORIA: Mércores de 16:30 a 18:00h
-DEBUXO, PINTURA e TRABALLOS MANUAIS:
Mércores de 16:30 a 18:30h
Mércores de 19:00 a 21:00h
Xoves de 17:30 a 19:30h
Venres de 11:00 a 13:00h
-PINTURA E MANUALIDADES INFANTÍS (de 5 a 13 anos):
Martes de 17:00 a 18:30h ou de 18:00 a 19:30h (a acordar cós pais e nais)
Sábados de 11:30 a 13:00h
-RESTAURACIÓN DO MOBLE a partires do 16 de Outubro: Venres de 19:00 a 21:00h


1º taller en 3 sesións para nenos e nenas

Dende este sábado! reserva xa a túa praza no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Primeiro achegamento á fotografía dos máis peques da casa: en 3 sesións aprenderán os mellores e máis divertidos trucos.
-FOTOGRAFÍA INFANTIL EN 3 SESIÓNS (de 10 a 14 anos)
Tódolos Sábados dende o 12 até o 26 de Setembro, de 17:00 a 18:30h
Cada asistente debe traer a súa cámara de fotos.
Programación:
-Coñece a túa cámara
-Encuadre e composición
-Técnicas fotográficas
Prezo: 35€ (materiais incluidos)


Intensivos de Setembro

Durante todo o ano, de forma puntual levamos a cabo polo menos unha vez ao mes, un obradoiro intensivo monográfico, adicando cada mes a un tema ou técnica concreta.
Normalmente lévanse a cabo os sábados pola tarde e están destinados á xente que pola semana, polos motivos que sexa, non ten tempo de lecer.Nestes talleres está incluido todo o material para desenrolar a actividade, levaránse a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10.
Ver prazos de matrícula e prezos para cada Taller.


SETEMBRO:
-Encadernación artesanal:
Sábado 19 de setembro, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un caderno artesanal con lombo coa técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes.
Pasa unha tarde agradabel, aprende a técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes e lévate a túa obra para casa.

Derradeiro día de inscrición Xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)




-Fotografía urbana:
Sábado 19 de setembro , de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h
Cada asistente deberá traer a súa cámara de fotos.
Mañán:
Na primera parte do taller daranse os coñecementos técnicos e teóricos da fotografía.
Tarde:
Neste segundo segmento os participantes realizarán fotografías durante un roteiro pola cidade aplicando os coñecementos adquiridos. 

Contido:
- Elementos básicos da fotografía:
obturador, diafragma,ISO
- Efectos fotográficos:
velocidade de obturación lenta, velocidad de obturación rápida, enfoque selectivo, profundidade de campo, zooming.
- Nocións de composición:
regra de tercios, liña do horizonte, perspectiva, xogo con liñas, composicións xeométricas, o marco, destacar un obxecto.

Derradeiro día de inscrición xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 40€ (todo o material incluido: apuntes) 

Mil Cores, 10 anos convosco!