xoves, 10 de setembro de 2015

Intensivos de Setembro

Durante todo o ano, de forma puntual levamos a cabo polo menos unha vez ao mes, un obradoiro intensivo monográfico, adicando cada mes a un tema ou técnica concreta.
Normalmente lévanse a cabo os sábados pola tarde e están destinados á xente que pola semana, polos motivos que sexa, non ten tempo de lecer.Nestes talleres está incluido todo o material para desenrolar a actividade, levaránse a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10.
Ver prazos de matrícula e prezos para cada Taller.


SETEMBRO:
-Encadernación artesanal:
Sábado 19 de setembro, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un caderno artesanal con lombo coa técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes.
Pasa unha tarde agradabel, aprende a técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes e lévate a túa obra para casa.

Derradeiro día de inscrición Xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)




-Fotografía urbana:
Sábado 19 de setembro , de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h
Cada asistente deberá traer a súa cámara de fotos.
Mañán:
Na primera parte do taller daranse os coñecementos técnicos e teóricos da fotografía.
Tarde:
Neste segundo segmento os participantes realizarán fotografías durante un roteiro pola cidade aplicando os coñecementos adquiridos. 

Contido:
- Elementos básicos da fotografía:
obturador, diafragma,ISO
- Efectos fotográficos:
velocidade de obturación lenta, velocidad de obturación rápida, enfoque selectivo, profundidade de campo, zooming.
- Nocións de composición:
regra de tercios, liña do horizonte, perspectiva, xogo con liñas, composicións xeométricas, o marco, destacar un obxecto.

Derradeiro día de inscrición xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 40€ (todo o material incluido: apuntes) 

  Volta o campamento máis molón e creativo:ao noso campamento de verán!! +Info 622618535