luns, 26 de outubro de 2015

Talleres curtos de Novembro

Talleres curtos de Novembro, de 3, 4 ou 5 sesións, lembrade que podedes reservar a vosa praza dende xa:

-Dende o Martes 03 ás 20:30h: Creación de Logotipos en 5 sesións: comunicación visual, imaxe gráfica, teoría da cor, marcas e logos, iniciación ao Corel Draw.

-Dende o Xoves 05 ás 20:30h: Encadernación artesanal en 5 sesións:
Encadernación xaponesa, cosido a dente de can, cosido alterna de catro cortes, creación de tapas e lombos.

-Dende o Luns 09 ás 20:30: Retoque de fotografía por ordenador: retoque fotográfico, fotomontaxe, manipulacións fotográficas, iniciación aos programas de edición de imaxe

-Dende o Mércores 11 ás 20:30: Aprende a usar a túa máquina de coser

-Dende o sábado 14 ás 17:00h: Retoque fotográfico para rapazas e rapaces de 10 a 14 anos





martes, 20 de outubro de 2015

Belly painting

Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.

Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

 Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.



luns, 5 de outubro de 2015

Retoque de fotografía en 5 sesións, Outubro



-RETOQUE DE FOTOGRAFÍA EN 5 SESIÓNS 
Tódolos Xoves dende o 19 de Outubro até o 16 de Novembro, de 20:30 a 22:30h
Cada asistente debe traer o seu portátil.
Programación:
-Aproximación aos programas de retoque dixital
-Manipulacións fotográficas
Prezo: 70€ (materiais incluidos)



Talleres de costura en 4 sesións, outubro


-ARRANXOS DE COSTURA EN 4 SESIÓNS
Tódolos Martes dende o 20 de Outubro ao 10 de Novembro, de 20:30 a 22:30h
Programación:
-Poñer pinzas
-Arranxar baixos de pantalóns e acortar mangas
-Cambio de cremalleira
-Cambio de cinturilla
Prezo: 50€



-APRENDE A USAR A TÚA MÁQUINA DE COSER EN 4 SESIÓNS
Tódolos Luns dende o 19 de Outubro ao 09 de Novembro., de 20:30 a 22:30h
Programación:
-Poñer pinzas
-Arranxar baixos de pantalóns e acortar mangas
-Cambio de cremalleira
-Cambio de cinturilla
Prezo: 50€

Taller de calceta con 5 agullas


Novo Obradoiro de Calceta: luvas con 5 agullas, a partires do 21 de Outubro, os mércores de 18:30 a 20:00h, impartido por Lucía Medina.

Mil Cores, 10 anos convosco!