domingo, 21 de maio de 2017

Campamento de verán

-Campamento de verán: Campamento de verán en Mil Cores! para nenos e nenas de 4 a 12 anos, dende o 26 de Xuño ao 08 de Setembro, de 9:30 a 13:30h.

Para facilitar a conciliación familiar e fomentar a creación, habilidades artísticas e psicomotricidade dos peques mentras se divirten e xogan.


No campamento creativo levamos a cabo traballos de pintura, modelado e manualidades tales coma retratos, construir xoguetes que funcionan ou títeres; adentrámonos no mundo do arte vendo e practicando diferentes técnicas e disciplinas artísticas mentres deixamos voar a nosa imaxinación; realizamos cancións e xogos de cooperación e inxenio; saímos ao parque a xogar; vemos películas e creamos contos e historias fantásticas para as que creamos persoaxes e escenificamos a historia.

Pódense anotar por días soltos, semanas ou quincenas.
Custe: día solto: 20€; semana: 60€; quincena: 100€

Inscricións no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com


Intensivo de Xuño: Fotografía dixital

-Intensivo de fotografía dixital: Levarase a cabo o sábado día 10 de xuño de forma intensiva durante todo o día: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h, nun só día e da man de Leandro Escudero coñeceredes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas coma: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 70€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 8.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


xoves, 18 de maio de 2017

Taller curto de POP UP (Xuño)

A partires do Luns día 05 traémosvos un fermosísimo taller de POP UP da man de María Mata: a arte de crear elementos en 3D para libros, cadernos, postais... as posibilidades son inmensas.
Levarase a cabo os Luns 05, 12 e 19 de Xuño de 20:00 a 22:00h
Non perdades a ocasión, podedes reservar praza dende xa no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Custe: 70€ con todo o material incluido.


Mil Cores, 10 anos convosco!