domingo, 21 de maio de 2017

Intensivo de Xuño: Fotografía dixital

-Intensivo de fotografía dixital: Levarase a cabo o sábado día 10 de xuño de forma intensiva durante todo o día: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h, nun só día e da man de Leandro Escudero coñeceredes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas coma: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 70€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 8.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


  Volta o campamento máis molón e creativo:ao noso campamento de verán!! +Info 622618535