Amosando publicacións coa etiqueta milcores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta milcores. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de febreiro de 2025

FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 4 SESIÓNS

 



INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DIXITAL!! Novo obradoiro en 4 sesións:
Coñece a túa cámara - Profundidade de campo - Obturación e sensibilidade - Encadre e Composición - Técnicas e Prácticas fotográficas.
Custe 70€
Os xoves de marzo de 20:30 a 22:00h
Inscricións até o venres 28 de febreiro no 622618535.



martes, 10 de setembro de 2024

Xa estamos de volta!!


 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.

venres, 19 de maio de 2023

Campamentos creativos de verán!!

 


Do 26 de Xuño ao 14 de Xullo, de 10:00h a 14:00h, de luns a venres

Realizaremos diferentes actividades creativas, saídas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dun xeito divertido e adaptado a cada idade da man de monitores especializados.

Semana do 26 de xuño. As cores e o que nos provocan: exploraremos as diferentes cores, as súas combinacións e o que nos evocan. Pintaremos unha prenda de vestir baseándonos na teoría da cor.

Semana do 3 de xullo. A forza da liña e a composición: veremos a importancia da liña no debuxo e aprenderemos a compoñer imaxes con diferentes técnicas artísticas. Faremos saídas buscando as liñas na natureza e na cidade para plasmalas depois nunha obra artística. 

Semana do 10 de xullo. Luces e sombras: os claros e os oscuros son os que dotan de volume ás figuras, ademáis comprobaremos a potencialidade das sombras en facetas artísticas como o teatro de sombras.

Inscrición por semana, quincena ou campamento compreto no 622618535.
Custe: 80 € toda a semana
           150€ a quincena
          220€ campamento compreto
Prazas reservadas por orde de inscrición, grupos reducidos.

martes, 15 de decembro de 2020

Bonos de Nadal: o mellor agasallo.


 Xa temos á vosa disposición os nosos bonos de catro sesións para agasallar a quen máis queredes, porque non hai mellor regalo que tempo para crear, divertirse e esquencer a rutina do día a día.

martes, 30 de xuño de 2020

Campamento de verán




Campamento de verán
Na procura de favorecer a conciliación familiar e que os peques disfruten dun tempo de lecer diferente onde o eixe central sexa a creatividade decidimos abrir o proceso de inscrición para o noso campamento de verán que este ano comezará o vindeiro dia 15 de xuño ate o 04 de setembro e estará marcado pola limitación e reducción de prazas e o cumplimento das medidas sanitarias e de distancia e aforo que nos indican sanidade e o goberno.
As prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición.
Podedes inscribirvos por día, semana ou quincena, reservade xa a vosa praza.
Mais info no 622618535

Comezo de clases