Amosando publicacións coa etiqueta verano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta verano. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2023

Campamentos creativos de verán!!

 


Do 26 de Xuño ao 14 de Xullo, de 10:00h a 14:00h, de luns a venres

Realizaremos diferentes actividades creativas, saídas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dun xeito divertido e adaptado a cada idade da man de monitores especializados.

Semana do 26 de xuño. As cores e o que nos provocan: exploraremos as diferentes cores, as súas combinacións e o que nos evocan. Pintaremos unha prenda de vestir baseándonos na teoría da cor.

Semana do 3 de xullo. A forza da liña e a composición: veremos a importancia da liña no debuxo e aprenderemos a compoñer imaxes con diferentes técnicas artísticas. Faremos saídas buscando as liñas na natureza e na cidade para plasmalas depois nunha obra artística. 

Semana do 10 de xullo. Luces e sombras: os claros e os oscuros son os que dotan de volume ás figuras, ademáis comprobaremos a potencialidade das sombras en facetas artísticas como o teatro de sombras.

Inscrición por semana, quincena ou campamento compreto no 622618535.
Custe: 80 € toda a semana
           150€ a quincena
          220€ campamento compreto
Prazas reservadas por orde de inscrición, grupos reducidos.

Comezo de clases