domingo, 16 de febreiro de 2020

Talleres intensivos de Marzo



INTENSIVO DE ENCADERNACIÓN BELGA:

Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.





MANUALIDADES EN FAMILIA:

Comezamos unha nova serie de talleres de manualidades para realizar en familia: un peque acompañado dun adulto para pasar unha tarde divertida creando estupendas manualidades xuntos, neste caso levaremos a cabo un marco para fotos con paliños de madeira e o decoraremos. O taller será o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.

Campamentos creativos de verán!!

  Do 26 de Xuño ao 14 de Xullo, de 10:00h a 14:00h, de luns a venres Realizaremos diferentes actividades creativas, saídas e xogos para neno...