Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta adultos. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de febreiro de 2025

FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 4 SESIÓNS

 



INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DIXITAL!! Novo obradoiro en 4 sesións:
Coñece a túa cámara - Profundidade de campo - Obturación e sensibilidade - Encadre e Composición - Técnicas e Prácticas fotográficas.
Custe 70€
Os xoves de marzo de 20:30 a 22:00h
Inscricións até o venres 28 de febreiro no 622618535.



martes, 15 de decembro de 2020

Bonos de Nadal: o mellor agasallo.


 Xa temos á vosa disposición os nosos bonos de catro sesións para agasallar a quen máis queredes, porque non hai mellor regalo que tempo para crear, divertirse e esquencer a rutina do día a día.

domingo, 16 de febreiro de 2020

Talleres intensivos de Marzo



INTENSIVO DE ENCADERNACIÓN BELGA:

Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.





MANUALIDADES EN FAMILIA:

Comezamos unha nova serie de talleres de manualidades para realizar en familia: un peque acompañado dun adulto para pasar unha tarde divertida creando estupendas manualidades xuntos, neste caso levaremos a cabo un marco para fotos con paliños de madeira e o decoraremos. O taller será o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Monográficos de xaneiro




Estes son os intensivos de Xaneiro:
-Encuadernación belga para adultos, sábado 11.
-Escrapbooking para os máis peques, sábado 18.
De 5 a

Inclúen todo o material. Custe 30€.
Inscricións no 622618535.

#MilCores #Lugo #Galicia #Pintura #Acuarela #Dibujo #Debuxo #Color #Cor #Colour #Paint #Art #Artwork #Niños #Adultos #Nenos #Cursos #Encuadernacion #Encadernacion #TraballosManuais #Manualidades #Kids #Creatividade #Ocio #Lecer #Creatividad #Academia #Talleres #Regalo #Nadal

domingo, 22 de decembro de 2019

martes, 17 de decembro de 2019

Prontuario de Vanessa Somoza


Este xoves 19, ás 20:30h unha das nosas profes inaugura expo en O Vello Cárcere de Lugo, animámosvos a todas e todos a asistir e descubrir parte da obra figurativa da nosa artista!.
Poderedes visitar a mostra até o 08 de marzo.

luns, 9 de decembro de 2019

Nadal Creativo (de 3 a 12 anos)

 
 
Para que os máis peques disfruten dun Nadal cheo de arte e creatividade temos unha programación especial para eles:
Talleres creativos durante as vacacións de Nadal, de luns a venres, de 11:30 a 13:00 (excepto 24, 25, 31 e 01) por 5€ cada día.
Xa podedes reservar a praza do voso peque no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.

luns, 2 de decembro de 2019

DESCONTO DE NADAL!



DESCONTO DE NADAL: Todas as novas altas deste mes no taller de pintura e manualidades para adultos dos Martes de 16 a 18h teredes un desconto do 50% durante os meses de Xaneiro e Febreiro.

Inscricións durante decembro no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

domingo, 24 de novembro de 2019

Monográficos de Decembro




FOTOGRAFÍA PARA ADULTOS: O RETRATO.
Da man de Leandro escudero investigaremos sobre os diferentes tipos de planos e encuadres e practicaremos no estudio para acadar diferentes tipos de retrato: íntimo, psicolóxico...
Inscricións até o 07 de decembro no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com
Custe: 30€ con todo o material incluido e merenda.




CREATIVIDADE INFANTIL: XOGUETES CON REFUGALLO.
A partir de materiais de refugallo realizaremos xoguetes que funcionan coma os da foto.
Nenas e nenos de 5 a 12 anos.
Inscricións até o 07 de decembro no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com
Custe: 30€ con todo o material incluido e merenda.

martes, 22 de outubro de 2019

Talleres de fotografía de Novembro

Para este mes de novembro traemos dous talleres de fotografía:

-Inciación á fotografía en 4 sesións (para adultos):


Fotografía dixital en 4 sesións: Levarase a cabo os mércores de novembro (6,13,20,27), en horario de 20:30 a 22:30h .
Da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. 
Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
 
Custe: 75€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)
 

Reserva de praza até o día 2.


Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com
 
 
-Debuxando con luces (infantil, de 6 a 14 anos):
 
 
Debuxando con luces: Levarase a cabo o sábado 9 de novembre en horario de 16:30 a 19:00h .
Da man de Leandro Escudero os máis peques iniciaranse no mundo da fotografía e descubrirán técnicas como o fisiograma , coñecido popularmente coma lightpainting.
 
Custe: 30€ con todo o material incluido.
 
Reserva de praza até o día 2.
Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


mércores, 18 de setembro de 2019

mércores, 4 de setembro de 2019

Horarios 2019/2020 Setembro

Aquí tedes os horarios deste curso para setembro. lembrade que se vos anotades para comezar agora tedes o mes de outubro de blade.


Resumo da inauguración.

Con motivo dos 6 anos de Mil Cores e o cambio de local decidimos facer unha pequena festa onde non faltou a boa música en directo nas mans de Los Mustélidos, o arte en forma de exposición de Vanessa Somoza (unha das nosas mestras), comida, bebida a compaña de moitos amigos e amigas.

Queremos agradecervos a todas a gran acollida que nos dístedes e lembrarvos que Mil Cores sodes vós; e marabilloso poder contar con tantos amigos, grandes artistas e mellores persoas.

Agora vos emprazamos a comezar con nós un Outono de arte e gratos momentos compartidos nas nosas aulas e talleres.

Agradecemento especial aos músicos, a Viva Lugo, a Iván Mouronte a á familia que sempre está ao carón, sobre todo cando máis falta fai.

Deixámosvos unhas fotiñas da festa e vémonos en ronda das Fontiñas 146, Lugo.







venres, 23 de agosto de 2019

Inauguración e celebración sexto aniversario



Este 02 de setembro ás 20:00h queremos convidarvos a tod@as a que vos acheguedes a Fontiñas 146, pois imos celebrar unha doble festa: o sexto aniversario de Mil Cores creando, aprendendo e divertíndonos e a inauguraremos do noso novo local cunha exposición de Vanessa Somoza (unha das nosas mestras), a música en directo de Los Mustélidos, comida e bebida como ben sabemos facer en Lugo.

Imos recargar as pilas para comezar o martes 03 con todas as nosas actividades! Non faltedes!

xoves, 22 de agosto de 2019

Promocións para o vindeiro curso 2019/2020



Este vindeiro curso cumplimos 6 anos de creatividade, arte e agarimo e por iso queremos premiar a vosa confianza, por elo vos ofrecemos estas promocións:

-Para quen decida comezar con nós ao matricularse en setembro disfrutará dos mes de setembro e de outubro ao prezo dun (outubro de balde).

-Para quen renove a súa confianza en nós, poderá disfrutar dun taller intensivo dos que desenrolamos ao longo do curso 2019/2020 da súa elección.

Xa podedes inscribirvos no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com. Comezamos o 3 de setembro.

Grupos dispoñibles: (flexibilidade horaria)
-Debuxo, pintura e manualidades adultos:
Luns de 20:30 a 22:30h
Martes de 16:00 a 18:00h
Mércores de 18:00 a 20:00h
Xoves de 18:00 a 20:00h

-Debuxo, pintura e manualidades peques (dende 3 anos):
Mércores de 16:30 a 18:00h
Mércores de 18:15 a 19:45h
Venres de 16:30 a 18:00h
Sábados de 11:30 a 13:00h

Custe mensual (un día á semana): 30€
Descontos para irmáns e se te anotas máis dun dia á semana ou a varios talleres.

En breve vos anunciaremos más sorpresas... Estade atent@s.

domingo, 11 de agosto de 2019

Algunhas obras dos nosos artistas.

Aquí vos deixamos algunhas das obras realizadas polos adultos nos talleres continuados de pintura artística, agardamos que vos gusten e que vos animedes a apuntarvos para o vindeiro mes de setembro.




sábado, 27 de xullo de 2019

Cursos de fotografía e restauración do moble en Mil Cores.


Un resumo a modo de video dos nosos talleres de fotografía e restauración do moble, porque a arte é pintura e debuxo, pero tamén fotografía, video e oficios artísticos: a arte nos rodea e modela o mundo.

Os mellores materiais: agarimo, bó facer e creatividade.

Comezo de clases