domingo, 27 de agosto de 2017

Belly painting



Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.

A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.

Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
15 imaxes retocadas en alta resolución

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.

Tempada 2017-2018

O 4 de setembro comezamos coa nova programación para o curso 2017-2018.
Ademáis levaremos a cabo o noso campamento para os máis peques até o día 08 de setembro.

Voltamos cós nosos talleres continuados, a partires do 04 de setembro:
-Debuxo, pintura e traballos manuais para adultos:
Martes de 11:30 a 13:30h

Martes de 18:00 a 20:00h
Mércores de 16:30 a 18:30h
Xoves de 18:00 a 20:00h
-Debuxo, pintura e traballos manuais de 6 a 13 anos:
Mércores de 16:30 a 18:00h

Venres de 16:30 a 18:00h
Sábados de 11:30 a 13:00h
Elixe o grupo que mellor che vais e comeza a crear, tanto se queres aprender a facer algo novo coma se queres perfeccionar a túa técnica.
O custe dos talleres continuados para novos inscritos é de 30€ ao mes.




Tamén vos traemos para este mes de setembro 3 talleres curtos:
-Fotografía en 4 sesións, os luns de setembro de 20:30 a 22:30h, custe: 75€
-Fotografía en 5 sesións, a semana do 11 ao 15 de setembro de 11:30 a 13:00h, custe: 75€
Nos talleres de fotografía trataremos temas como: coñece a túa cámara, profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encuadre e composición, lightpainting, técnicas e prácticas fotográficas.






-Arranxos de costura en 4 sesións, os xoves de setmbro de 18:00 a 19:30h, custe: 60€

Para aprender os arranxos básicos de costura: baixos de panalóns e faldas, cremalleiras, puños, cinturillas, poñer pinzas...


Ademáis o sábado 16 de setembro, de 17:00 a 20:00h, levaremos a cabo un taller intensivo de Encadernación artesanal: coñeceremos o cosido belga e realizaremos a nosa libreta de notas con esta técnica. Prazo de inscrición até o Luns dia 11. Custe: 30€ con todo o material incluido.


Máis info no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

Tamén nos podes plantexar o teu horario perfecto e tentaremos formar un grupo á túa medida.


Así que xa sabes, ponte en contacto connosco e pasa un outono/inverno cheo de creatividade, cor e diversión.

Mil Cores, 10 anos convosco!