mércores, 18 de maio de 2016

INTENSIVO DE MAIO: DECORACIÓN DE CUNCAS A MAN

INTENSIVO DE MAIO:

DECORACIÓN DE CUNCAS A MAN
Sábado 28 de Maio de 17:00 a 20:30h

Aprenderemos as técnicas de pintura en cristal e porcelana e realizaremos unha cunca cun deseño personalizado pintado a man, que levarás para a casa. 
Reserva de praza até o xoves 26, ás 20:00h
Custe: 40€ con tódolos materiais incluidos.


domingo, 8 de maio de 2016

Animación infantil

Como xa sabedes, levamos as nosas actividades a onde nos digades, por iso se queredes que a vosa festa sexa un día inolvidable para os máis peques, non dudedes en informarvos sobre as nosas actividades de animación infantil.
Para todo tipo de festas: vodas, comunións, bautizos, cumpreanos, festas de fin de curso...
Algunhas das actividades que realizamos son: pintacaras, xogos cooperativos, dinámicas grupais, xogos de mesa, gincanas, búsquedas do tesouro, actividades de traballos manuais e creativos.


domingo, 1 de maio de 2016

Aulas Creativas Verán 2016




Aulas Creativas cativos/as: Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h.
Dende a derradeira semana de Xuño, Xullo, Agosto e primeira semán de Setembro.

Os pícaros disfrutarán de diferentes actividades creativas adaptadas á súa idade con monitores especializados, ademáis de ter saída ao parque, sempre que o tempo o permita.
Dentro das actividades creativas estarán as manualidades, debuxo e pintura, creación de xoguetes que funcionan, taller de marionetas e escenificación no teatrillo, pintura de bolsas de tea, iniciación á fotografía e ao video, maquillaxe facial, obradorio de chapas…
Ademáis levaremos a cabo contacontos e creación colaborativa de contos, así como diferentes dinámicas de xogos cooperativos tanto en interior como nas saídas ao parque.

O obxectivo é que os nenos o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa, favorecendo ademáis a conciliación familiar.

Podéranse anotar por semanas, por quincena ou polo mes enteiro.
Os prezos serán de:
-1 días solto: 20€
-1 semana: 60€
-2 semanas: 100€
Con tódolos materiais incluidos.




Mil Cores, 10 anos convosco!