venres, 19 de maio de 2023

Campamentos creativos de verán!!

 


Do 26 de Xuño ao 14 de Xullo, de 10:00h a 14:00h, de luns a venres

Realizaremos diferentes actividades creativas, saídas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dun xeito divertido e adaptado a cada idade da man de monitores especializados.

Semana do 26 de xuño. As cores e o que nos provocan: exploraremos as diferentes cores, as súas combinacións e o que nos evocan. Pintaremos unha prenda de vestir baseándonos na teoría da cor.

Semana do 3 de xullo. A forza da liña e a composición: veremos a importancia da liña no debuxo e aprenderemos a compoñer imaxes con diferentes técnicas artísticas. Faremos saídas buscando as liñas na natureza e na cidade para plasmalas depois nunha obra artística. 

Semana do 10 de xullo. Luces e sombras: os claros e os oscuros son os que dotan de volume ás figuras, ademáis comprobaremos a potencialidade das sombras en facetas artísticas como o teatro de sombras.

Inscrición por semana, quincena ou campamento compreto no 622618535.
Custe: 80 € toda a semana
           150€ a quincena
          220€ campamento compreto
Prazas reservadas por orde de inscrición, grupos reducidos.

mércores, 10 de maio de 2023

Matrícula curso 2023/24


A partires do día 9 de maio abrimos o prazo de renovación de inscricións para o vindeiro curso 2023/24, para as alumnas/os actualmente inscritos este ano.

Novas inscricións dende o 1 de xuño.


mércores, 25 de xaneiro de 2023

Taller de fotografía dixital!


 

 
 
 
 
NOTICIÓN: Marchando taller curto de FOTOGRAFÍA DIXITAL!!!!
A realizar os sábados 4 e 11 de 16:30 a 20:30h.
Inscricións até este mércores día 1 de febreiro no 622618535.

#MilCores #Lugo #culturasempre #bellypainting #Cursos #Debuxo #Fotografía #Pintura #LecerCreativo #ArteQueNonPara #lettering #adultosemeniños #CulturaConForza #Curso20222023 #NovoCurso #10aniversario2023
 

sábado, 21 de xaneiro de 2023

Matrícula aberta todo o ano!!

 




Podedes anotarvos nos nosos talleres en calquer momento do ano.
Temos prazas libres. +Info 622618535


Mil Cores, 10 anos convosco!