Belly
painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de
celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da
familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas
naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente
nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que
perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A
futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que
sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai
e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e
tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión
fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai
chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser
individual, en parella ou colectiva.
Ademáis, o belly painting é un xeito de
conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa
no ventre da nai.
Sesión
de maquillaxe, belly painting.
Sesión
fotográfica con disparos ilimitados
10
imaxes retocadas en alta resolución
1 foto
ampliada en tamaño A3 enmarcada
Dende 100€, consúltanos sen compromiso.