domingo, 15 de xaneiro de 2017

Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións

Novos talleres en mil Cores, a partires de Febreiro: Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións

Comezamos o día 02 de Febreiro o noso Taller continuado Medrando en Cores, dirixido a nenos e nenas de entre 2 e 4 anos levarase a cabo tódolos xoves de 16:30 a 17:30 até Xullo.

Porque pintar, debuxar ou modelar son actividades imprescindibles para o desenrolo da percepción, a motricidade fina ou a interacción social. A través da arte aprenden a explorar o medio que os redea, a plasmar sentimentos e sensacións e adquiren conciencia de sí mesmos e dos demáis á vez que potencian a autoestima e a creatividade.

Custo: 30€ ao mes
Grupos reducidos de máximo 8 peques con dous monitores.
Inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada. 




Taller de Tapicería e restauración do moble: comezará o Luns 06 de Febreiro de 18:00 a 20:00h.
Se queredes modernizar os vosos mobles vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos previos, inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Levarase a cabo durante 8 semáns tódolos Luns de 18:00 a 20:00h

Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.
.



Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.

Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.