domingo, 8 de novembro de 2015

Intensivos do mes de Novembro

O sábado día 14 de Novembro levaremos a cabo o intensivo de pintura en tecido de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos varias técnicas de pintura sobre tecidos como o estarcido ou pintura a man sobre tea e realizaremos un bolso de tea pintado a man (que resistirá ós lavados). (Se o prefires podes traer a túa propia prenda de roupa para decorala, recorda que debe ser tecido de algodón e que a debes traer lavada sen suavizante)
Diferentes deseños para elexir.
Prezo: 30€ (material incluido)


Derradeiro día de inscrición xoves 12!! Prazas limitadas por orde de inscrición.



O Sábado 21 de Novembro, de 17:00 a 20:00h, levaremos a cabo un taller intensivo onde realizaremos un portamoedas personalizado con feltro.
Diferentes deseños para elexir.Prezo: 30€ (material incluido)


Derradeiro día de inscrición xoves día 19, prazas limitadas e por orde de inscrición.


Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.