Obradoiros Intensivos:
-Cuncas decoradas a man, en familia.
Sábado día 12 de 17:00 a 20:30h
Para fomentar as actividades en familia poñemos en marcha un marabilloso taller onde pais/nais e fillos/fillas deixarán voar a asúa imaxinación e creatividade para realizar a decoración en parella de dúas cuncas pintadas a man.
Varios modelos a elexir.
Custo: 55€ por parella (tódolos materiais incluidos)
-Pintura sobre tecido.
Sábado 19 de 17:00 a 20:30h
Aprenderemos diferentes técnicas de pintura sobre tecido e decoraremos a man unha bolsa de tea coa que podes agasallar a alguén especial nestas festas de Nadal.
Varios modelos a elexir.
Custo: 30€ (tódolos materiais incluidos)Obradoiros Curtos (en 4 sesións):
-Descubrindo aos Grandes Mestres I:
Os Luns de 18:00 a 20:00h, dende o día 07 ao día 28
Programación:Aprendendo a ollar, como se analiza unha obra pictórica?
Achegamento aos mestres: Pablo Picasso, Vincent Van Gogh e Xoaquín Sorolla
Custe: 50€ (material incluido)
-Encadernación artesanal:
Os Luns de 20:30 a 22:00h, dende o día 07 ao día 28
Programación:
Encadernación xaponesa
Cosido a dente de can
Cosido alterno de catro cortes
Lombos e tapas
Custo: 60€ (materiais inlcuidos)
-Deseño publicitario I:
Os Mércores de 20:30 a 22:30h, dende o día 09 ao día 30
Programación:
Achegamento a programas de debuxo vectorial por ordenador
Creación e deseño de traxetas, octavillas e cartaces
Custo: 50€ (materiais inlcuidos)
-Arranxos de costura:
Os Mércores de 20:30 a 22:30h, dende o día 09 ao día 30
Programación:
Poñer pinzas
Arranxar baixos e acortar mangas
Cambios de cremalleira
Cambios de cinturilla
Custo: 50€
Lembrade ademáis que seguimos cós nosos talleres continuados (até Xuño), cun custo de 22€ ao mes:
-Pintura e traballos manuais adultos
-Pintura e traballos manuais nenos
-Restauración do moble
-Adestramento da memoria
-Iniciación á informática
Sesións de 2 horas á semana. Case todos eles con varios grupos para elexir o que mellor te vaia e con prazas libres.