domingo, 27 de agosto de 2017

Belly painting



Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.

A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.

Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
15 imaxes retocadas en alta resolución

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.

Tempada 2017-2018

O 4 de setembro comezamos coa nova programación para o curso 2017-2018.
Ademáis levaremos a cabo o noso campamento para os máis peques até o día 08 de setembro.

Voltamos cós nosos talleres continuados, a partires do 04 de setembro:
-Debuxo, pintura e traballos manuais para adultos:
Martes de 11:30 a 13:30h

Martes de 18:00 a 20:00h
Mércores de 16:30 a 18:30h
Xoves de 18:00 a 20:00h
-Debuxo, pintura e traballos manuais de 6 a 13 anos:
Mércores de 16:30 a 18:00h

Venres de 16:30 a 18:00h
Sábados de 11:30 a 13:00h
Elixe o grupo que mellor che vais e comeza a crear, tanto se queres aprender a facer algo novo coma se queres perfeccionar a túa técnica.
O custe dos talleres continuados para novos inscritos é de 30€ ao mes.




Tamén vos traemos para este mes de setembro 3 talleres curtos:
-Fotografía en 4 sesións, os luns de setembro de 20:30 a 22:30h, custe: 75€
-Fotografía en 5 sesións, a semana do 11 ao 15 de setembro de 11:30 a 13:00h, custe: 75€
Nos talleres de fotografía trataremos temas como: coñece a túa cámara, profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encuadre e composición, lightpainting, técnicas e prácticas fotográficas.






-Arranxos de costura en 4 sesións, os xoves de setmbro de 18:00 a 19:30h, custe: 60€

Para aprender os arranxos básicos de costura: baixos de panalóns e faldas, cremalleiras, puños, cinturillas, poñer pinzas...


Ademáis o sábado 16 de setembro, de 17:00 a 20:00h, levaremos a cabo un taller intensivo de Encadernación artesanal: coñeceremos o cosido belga e realizaremos a nosa libreta de notas con esta técnica. Prazo de inscrición até o Luns dia 11. Custe: 30€ con todo o material incluido.


Máis info no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

Tamén nos podes plantexar o teu horario perfecto e tentaremos formar un grupo á túa medida.


Así que xa sabes, ponte en contacto connosco e pasa un outono/inverno cheo de creatividade, cor e diversión.

xoves, 13 de xullo de 2017

Agosto en Mil Cores II

Porque non podíamos deixar de lado a tecnoloxía e o arte, traémosvos dous talleres de fotografía dixital: un para adultos e outro para a rapazada:

-Fotografía dixital en 5 sesións: dende o luna 07 ao venres 11, de 11:30 a 13:00h para adultos. Sacaraslle o máximo partido á túa cámara de fotos con clases teóricas e prácticas. Profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición.
Custe: 75€ todo o curso.



-Fotografía dixital en 3 sesións: os días 07, 09 e 11 de Agosto, de 10:00 a 11:30h, para a rapazada a partir dos 12 anos.
Para iniciarse no manexo da cámara de fotos con clases teóricas e prácticas. Profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición.
Custe: 50€ todo o curso.


luns, 10 de xullo de 2017

Agosto en Mil Cores.

En Agosto non imos de vacacións porque non hai nada mellor que crear, traémosvos 3 talleres aos que non poderedes renunciar:

-Aprede a usar a túa máquina de coser en 4 sesións: os luns de 18:00 a 20:00h.

-Tapicería e restauración do moble en 4 sesións: os luns de 18:00 a 20:00h.

-Pintura sobre tecido a partir dos 12 anos: para customizar a nosa roupa. Do 08 ao 10 de 11:30 a 13:30h. (con todo o material incluido)

Custe: 60€, reserva de prazas dende xa no 622618535 ou no mail milcoreslugo@gmail.com












domingo, 18 de xuño de 2017

Taller xuvenil de Xullo: pintura sobre tecido

Taller xuvenil de Xullo: Pintura sobre tecido.




Levaremos a cabo a decoración camisetas e bolsos de tea, así coma de diferentes prendas de roupa; coñeceremos as diferentes técnicas e levaremos a cabo os nosos propios deseños. Pintaremos con pintura especial que resiste aos lavados.
A partir dos 12 anos, do luns 10 ao xoves 13 de 18:00 a 20:00h
Custe: 60€, con todo o material incluido. Reserva de prazas até o 8 de Xullo no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

Taller curto de restauración do moble e tapicería

Taller curto de restauración do moble e tapicería:




Tódolos martes de Xullo de 18:00 a 20:00h
Grupos reducidos, máximo 6 persoas, custe: 60€ todo o taller.
Restaura ou moderniza os teus mobles antigos ou personaliza os novos.
Inscrición aberta até o xoves 29 de Xuño no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

domingo, 21 de maio de 2017

Campamento de verán

-Campamento de verán: Campamento de verán en Mil Cores! para nenos e nenas de 4 a 12 anos, dende o 26 de Xuño ao 08 de Setembro, de 9:30 a 13:30h.

Para facilitar a conciliación familiar e fomentar a creación, habilidades artísticas e psicomotricidade dos peques mentras se divirten e xogan.


No campamento creativo levamos a cabo traballos de pintura, modelado e manualidades tales coma retratos, construir xoguetes que funcionan ou títeres; adentrámonos no mundo do arte vendo e practicando diferentes técnicas e disciplinas artísticas mentres deixamos voar a nosa imaxinación; realizamos cancións e xogos de cooperación e inxenio; saímos ao parque a xogar; vemos películas e creamos contos e historias fantásticas para as que creamos persoaxes e escenificamos a historia.

Pódense anotar por días soltos, semanas ou quincenas.
Custe: día solto: 20€; semana: 60€; quincena: 100€

Inscricións no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com


Intensivo de Xuño: Fotografía dixital

-Intensivo de fotografía dixital: Levarase a cabo o sábado día 10 de xuño de forma intensiva durante todo o día: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h, nun só día e da man de Leandro Escudero coñeceredes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas coma: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 70€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 8.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


xoves, 18 de maio de 2017

Taller curto de POP UP (Xuño)

A partires do Luns día 05 traémosvos un fermosísimo taller de POP UP da man de María Mata: a arte de crear elementos en 3D para libros, cadernos, postais... as posibilidades son inmensas.
Levarase a cabo os Luns 05, 12 e 19 de Xuño de 20:00 a 22:00h
Non perdades a ocasión, podedes reservar praza dende xa no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Custe: 70€ con todo o material incluido.


mércores, 26 de abril de 2017

Taller curto de Maio: Arranxos de costura en 4 sesións



Farta de tirar a roupa que non te sirve, cansado de ter caixas de roupa que precisan pequenos arranxos pero que non sabes como levalos a cabo?
No taller en 4 sesións de Arranxos de Costura descubrirás e aprenderás a realizar eses pequenos arranxos que farán a túa vida máis cómoda e te permitirán seguir aproveitando a túa roupa por máis tempo.
Arranxar baixos, poñer pinzas, cambiar cremalleiras ou cinturillas xa non serán un problema para ti.
insrcición até o sábado 06 de Maio pola noite no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com

Intensivo de Maio: pintura en tecido


Que mellor forma de prepararnos para o verán que preparando as nosas camisetas ou bolsos de tea cun colorido deseño feito a man?
Neste intensivo coñecerás a técnica de pintura manual sobre tecido con pinturas que resisten aos lavados e ademáis levaraste para casa a túa prenda totalmente personalizada.
Reserva de praza até o xoves día 11 no 622618535 ou no mail milcoreslugo@gmail.com

Comezo de clases