luns, 27 de xullo de 2015

Aulas Creativas Verán 2015

Durante todo o verán levaremos a cabo diferentes actividades creativas e xogos ao aire libre para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar dende o luns 22 de Xuño até o xoves 10 de Setembro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

O obxectivo é que os nenos e nenas o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa. Podéranse anotar por horas, días soltos ou semanas compretas.

Aberto prazo de inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición.


Obradoiro Continuado de Pintura de 5 a 12 anos.

Segundos cadros dos nosos pequenos artistas, durante o curso escolar, Obradoiro Continuado de Pintura e traballos manuais de 5 a 12 anos, tódolos sábados de 11:30 a 13:00h.
Estes son algúns dos cadros que realizaros os rapaces e rapazas neste curso 2014-2015:


Traballos realizados no Obradoiro de Restauración do Moble 2014-2015


martes, 23 de xuño de 2015

Xullo en Mil Cores para todas as idades.

Obradoiros Mil Cores de Xullo:

-Para adultos:
Pintura Artística e Traballos Manuais, dous horarios a elexir: os xoves de 17:30 a 19:30h e os venres de 11:00 a 13:00h (22€ o mes)

-Para nenos e nenas de 4 a 12 anos:
Aulas Creativas de 9:00 a 14:00h de luns a venres (50€ toda a semana, 20€/día para días soltos, 8€/hora por horas soltas)

Mil Cores é teu Centro de Creatividade e Lecer de Lugo, non perdas a oportunidade de crear e divertirte a un tempo da man dos mellores profesionais da cidade.






luns, 1 de xuño de 2015

Aulas Creativas verán 2015

Durante todo o verán levaremos a cabo diferentes actividades creativas e xogos ao aire libre para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar dende o luns 22 de Xuño até o xoves 10 de Setembro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

O obxectivo é que os nenos e nenas o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa. Podéranse anotar por horas, días soltos ou semanas compretas.

Aberto prazo de inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición.



Programación da primeira semana:

luns, 11 de maio de 2015

Intensivo de Bonecos con calcetíns



Prazo de inscrición até o venres día 22 ao mediodía.
Prezo 30€ con tódolos materias incluidos e merenda. 



martes, 5 de maio de 2015

Guión para curtametraxe en 5 sesións



 

Se queres aprender a facer o teu propio guión para poder realizar a túa propia curtametraxe, xa sabes onde aprender á vez que o pasas ben!
Infórmate sen compromiso no 622618535.
Reserva de praza até o venres 15 de Maio, limitadas por orde de inscrición, non digas que non avisamos...

martes, 28 de abril de 2015

Taller de Restauración do Moble de 2 meses

A partires do vindeiro mes de Maio levaremos a cabo un obradoiro de RESTAURACÖN do MOBLE, até finais de Xuño.
Xa podedes reservar praza!



 Aprenderedes a restaurar ou modernizar os voso mobles e quedarán tan ben coma os das fotos, restaurados polos asistentes ao taller do ano pasado.
Custo 22€ ao mes.

martes, 21 de abril de 2015

Deseño Gráfico en 5 sesións


Deseño Gráfico en 5 sesións: creación de logotipos e marcas gráficas.
A partires do martes 05 de Maio, comezaremos un taller de Deseño Gráfico en 5 sesións no que nos aproximaremos as nocións e técnicas básicas de Deseño e aprenderemos a crear Logotipos ou Marcas Gráficas.
Os temas a tratar son:
-Comunicación Visual: elementos da imaxen gráfica.
-Deseño Gráfico; nocións básicas sobre o deseño, proceso de creación.
-Creación de logotipos e marcar gráficas.
-Aproximación ao Corel Draw para a creación de marcas gráficas.
-Creación do noso propio logotipo.
Intercalaremos teoría e práctica para tratar os temas de forma dinámica e divertida.
(Os tres derradeiros días do taller necesitarás traer o teu portatil)
O custo é de 50€.
Prazo de inscrición ou reserva de praza até o luns 04 de Maio.

 
Neste taller, ademáis de aprender que é o deseño e a comunicación visual, practicaremos a súa aplicación, levaremos a cabo a creación de logotipos e daremos os nosos primeiros pasos co Corel Draw. 
Sempre dunha forma práctica e amena.

martes, 14 de abril de 2015

Deseño Gráfico en 5 sesión: creación de logotipos


A partires do martes 05 de Maio, comezaremos un taller de Deseño Gráfico en 5 sesións no que nos aproximaremos as nocións e técnicas básicas de Deseño e aprenderemos a crear Logotipos ou Marcas Gráficas.

Os temas a tratar son:
-Comunicación Visual: elementos da imaxen gráfica.
-Deseño Gráfico; nocións básicas sobre o deseño, proceso de creación.
-Creación de logotipos e marcar gráficas.
-Aproximación ao Corel Draw para a creación de marcas gráficas.
-Creación do noso propio logotipo.

Intercalaremos teoría e práctica para tratar os temas de forma dinámica e divertida.

(Os tres derradeiros días do taller necesitarás traer o teu portatil)

O custo é de 50€.
Prazo de inscrición ou reserva de praza até o luns 04 de Maio.





martes, 7 de abril de 2015

Intensivo de Portamoedas de Feltro.

Novo Taller Intensivo:
-18 de Abril taller de feltro, de 17:00 a 20:30h
Levaremos a cabo un simpático portamoedas de feltro, tí elixes o modelo entre un can, un gato, un pingüino ou un coche. Anótate antes do venres 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)


Comezo de clases