martes, 21 de abril de 2015

Deseño Gráfico en 5 sesións


Deseño Gráfico en 5 sesións: creación de logotipos e marcas gráficas.
A partires do martes 05 de Maio, comezaremos un taller de Deseño Gráfico en 5 sesións no que nos aproximaremos as nocións e técnicas básicas de Deseño e aprenderemos a crear Logotipos ou Marcas Gráficas.
Os temas a tratar son:
-Comunicación Visual: elementos da imaxen gráfica.
-Deseño Gráfico; nocións básicas sobre o deseño, proceso de creación.
-Creación de logotipos e marcar gráficas.
-Aproximación ao Corel Draw para a creación de marcas gráficas.
-Creación do noso propio logotipo.
Intercalaremos teoría e práctica para tratar os temas de forma dinámica e divertida.
(Os tres derradeiros días do taller necesitarás traer o teu portatil)
O custo é de 50€.
Prazo de inscrición ou reserva de praza até o luns 04 de Maio.

 
Neste taller, ademáis de aprender que é o deseño e a comunicación visual, practicaremos a súa aplicación, levaremos a cabo a creación de logotipos e daremos os nosos primeiros pasos co Corel Draw. 
Sempre dunha forma práctica e amena.

Mil Cores, 10 anos convosco!