luns, 28 de novembro de 2016

Nadal Artístico

Xa estamos formando os grupos de Nadal Artístico, así que si estades interesados non dubidedes en reservar a praza dos vosos pícaros.
O campamento urbán levarase de cabo os días: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de Decembro e 2, 3, 4 e 5 de Xaneiro, en horario de 9:30 a 13:30h para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


O custo será o seguinte:
-Primeira semán: días 22 e 23 = 30€
-Segunda semán: días 26, 27, 28, 29 e 30 = 60€
-Terceira semán: días 2, 3, 4 e 5 = 45€
Día solto = 20€
As tres semáns = 120€
Tamén queremos lembravos que seguimos con nosos Talleres Continuados de Debuxo, Pintura e Traballos Manuais:
-Luns de 16:30 a 18:30h
-Martes de 18:00 a 20:00h
-Mércores de 16:30 a 18:30h
-Xoves de 18:00 a 20:00h
-Venres de 11:30 a 13:30h
Custe dos talleres continuados: 22€ ao mes (2h á semana a elexir entre os grupos formados)Temos prazas libres así que animádevos a crear un mundo cheo de cor nos nosos talleres.
Máis info no 622618535 ou cunha mensaxe privada.

sábado, 5 de novembro de 2016

Taller continuado de Caligrafía e Tipografía

Novo Taller Continuado en Mil Cores: Caligrafía e Tipografía artísticas, a partires do Luns día 07 de novembro ás 16:30h.



E seguimos cós nosos clásicos:

Pintura artística e Traballos manuais:
-Martes de 18:00 a 20:00h
-Mércores de 16:30 a 18:30h
-Xoves de 18:00 a 20:00h
-Venres de 11:30 a 13:30h

Elixe o grupo que mellor te vaia e inscríbete nos nosos talleres continuados por só 22€ ao mes.

Aprenderás, pasarás un rato ben agradable e esquencerás o stress do día a día, non hai edade para aprender e dispoñemos de diferentes niveis para principiantes e para perfeccionar ás diferentes técnicas.

luns, 17 de outubro de 2016

Talleres curtos de Novembro

Xa temos a programación de talleres curtos do vindeiro mes de Novembro, xa sabedes que podedes reservar praza dende xa:

-Fotografía Dixital en 5 sesións, dende o Luns 07 de 20:30 a 22:00h. Por 70€ todo o curso.

-Fotografía Dixital en 3 sesións, de 12 a 16 anos dende o Sábado 12 de 17:30 a 19:00h. Por 40€ todo o curso.

-Aprende a usar a túa máquina de coser, en 4 sesións, dende o Xoves 10 de 18:00 a 19:30h. Por 60€ todo o curso.





Video creación


Aquí vos deixamos un  dos videos da Gala dos Premios Lider 2016, neste caso o Intermedio de Fútbol: un gustazo levar a cabo estes traballos!

 

En Mil Cores levamos a cabo a realización de curtas, spots, documentais, video clips e video currículums, se estás interesado nalgún traballo audiovisual ou de video creación ponte en contacto con nós no 622618535, sen compromiso.

martes, 11 de outubro de 2016

Taller continuado de Pintura artística e Traballos manuais

A partires do día 18 de Outubro comenzamos os nosos grupos de Pintura artística e Traballos manuais dos martes e mércores e continuamos cós dos xoves e venres.
-Martes de 18:00 a 20:00h
-Mércores de 16:30 a 18:30h
-Xoves de 18:00 a 20:00h
-Venres de 11:30 a 13:30h

Elixe o grupo que mellor te vaia e inscríbete nos nosos talleres por só 22€ ao mes. Aprenderás, pasarás un rato ben agradable e esquencerás o stress do día a día, non hai edade para aprender e dispoñemos de diferentes niveis para princpiantes e para perfeccionar ás diferentes técnicas.

Poderás facer cousas tan bonitiñas coma estas:



mércores, 28 de setembro de 2016

Talleres Continuados 2016/2017

En Mil Cores estamos formando os grupos dos talleres continuados para o curso 2016/2017, se estás interesado nalgún só tes que poñerte en contacto con nós no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.


Os nosos talleres continuados teñen un prezo de 22€ ao mes, temos grupos para todas as idades e niveis: iniciación ou perfeccionamento e non é necesario ter experiencia previa.


Pintura, fotografía, costura, restauración do moble, traballos manuais, curtametraxes… se queres aprender e pasar un rato agradable ven a Mil Cores!


venres, 16 de setembro de 2016

Video creación en Mil Cores



Aquí vos deixamos un  dos videos da Gala dos Premios Lider 2016, neste caso o Intermedio de Baloncesto: un gustazo levar a cabo estes traballos!

En Mil Cores levamos a cabo a realización de curtas, spots, documentais, video clips e video currículums, se estás interesado nalgún traballo audiovisual ou de video creación ponte en contacto con nós no 622618535, sen compromiso.

Belly Painting


Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.
 Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.



luns, 29 de agosto de 2016

Comenzo de curso 2016-2017

Talleres Continuados 2016-2017


Comenzamos o novo curso 2016-2017 o vindeiro martes día 06, cós nosos talleres cotinuados.
Aquí vos deixamos os horarios do novo curso así coma os talleres en 4 sesións e o intensivo de Setembro.
Xa sabedes que facer: chamar ao 622618535 e reservar a vosa praza!



Talleres en 4 sesións de Setembro





Intensivo de Setembro




martes, 23 de agosto de 2016

Curso 2016/2017



Xa andamos artellando os horarios dos novos Talleres Continuados do Curso 2016/2017, estade atentas porque iremos informando de horarios e talleres.

mércores, 6 de xullo de 2016

Campamento de verán



Aulas Creativas cativos/as: Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h.
Dende a derradeira semana de Xuño, Xullo, Agosto e primeira semán de Setembro.

Os pícaros disfrutarán de diferentes actividades creativas adaptadas á súa idade con monitores especializados, ademáis de ter saída ao parque, sempre que o tempo o permita.
Dentro das actividades creativas estarán as manualidades, debuxo e pintura, creación de xoguetes que funcionan, taller de marionetas e escenificación no teatrillo, pintura de bolsas de tea, iniciación á fotografía e ao video, maquillaxe facial, obradorio de chapas…
Ademáis levaremos a cabo contacontos e creación colaborativa de contos, así como diferentes dinámicas de xogos cooperativos tanto en interior como nas saídas ao parque.

O obxectivo é que os nenos o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa, favorecendo ademáis a conciliación familiar.

Podéranse anotar por semanas, por quincena ou polo mes enteiro.
Os prezos serán de:
-1 días solto: 20€
-1 semana: 60€
-2 semanas: 100€
Con tódolos materiais incluidos.

Comezo de clases