Belly
painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a
Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo
para compartir co resto da familia.
Consiste en
pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que
desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño.
Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o
momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que
servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar
ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser
individual, en parella ou colectiva.
Ademáis,
o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer,
focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada
Dende 100€, consúltanos sen compromiso.