Fotografía dixital en 4 sesións: Levarase a cabo en Xaneiro, despois de Reis: dende o mércores 09 até o mércores 30, en horario de 20:30 a 22:30hh da man de Leandro Escudero aprenderedes
as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas
cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo,
obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo
prácticas fotográficas.
Custe: 75€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)
Reserva de praza até o día 4 de Xaneiro.
Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com