Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 22 de abril pola tarde non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.
O taller intensivo levarase a cabo o sábado 22, de 17:00 a 20:00h, con tódolos materiais e merenda incluida. Custe: 25€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa no 622618535 ou enviando un mail a milcoreslugo@gmail.com, antes do xoves día 20.