luns, 28 de decembro de 2015

Agasallos creativos da man de Mil Cores.



En Mil Cores dámoste a posibilidade de agasallar o máis desexado: tempo, tempo de lecer, de creatividade e de diversión: hai algo mellor? Agora podes agasallar aos teus máis achegados ou agasallarte bonos para os talleres que levamos a cabo elexindo nunha ampla variedade de lecer e creatividade.

Ademáis para as futuras mamás temos un regalo marabillosos: Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia

Infórmate no 622 618 535, sen compromiso.

Entre os nosos talleres temos varias modalidades:
-Talleres continuados: Para iniciarse no taller en sí, ou perfeccionar as técnicas xa aprendidas, dunha forma contínua cunha duración de 9 meses. Non é necesario ter coñecementos previos.Pódese asistir tódolos meses ou algúns meses de forma puntual, según as necesidades de cada un. Dende a primeira semana de Setembro á derradeira semana de Xuño.Prezo: 22€ ao mes cada obradoiro. Pintuira, traballos manuais, restauración do moble, adestramento da memoria, informática...

-Talleres curtos: Para facer unha primeira aproximación ao taller en cuestión ou para perfeccionar a técnica nun compromiso curto no tempo. Lévanse a cabo en 3, 4 ou 5 sesións e cada mes van variando, os temos van dende fotografía, arranxos de costura, audiovicuais, deseño, encadernación ou teoría da arte.

-Obradoiros Intensivos: Durante todo o ano, de forma puntual levamos a cabo polo menos unha vez ao mes, un obradoiro intensivo monográfico, adicando cada mes a un tema ou técnica concreta. Normalmente lévanse a cabo os sábados pola tarde e están destinados á xente que pola semana, polos motivos que sexa, non ten tempo de lecer. Nestes talleres está incluido todo o material para desenrolar a actividade.






 



Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada
Dende 100€, consúltanos sen compromiso.



E felices festas!

Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.