domingo, 23 de agosto de 2015

Intensivos mes de Setembro, Outubro e Novembro

Durante todo o ano, de forma puntual levamos a cabo polo menos unha vez ao mes, un obradoiro intensivo monográfico, adicando cada mes a un tema ou técnica concreta.
Normalmente lévanse a cabo os sábados pola tarde e están destinados á xente que pola semana, polos motivos que sexa, non ten tempo de lecer.
Nestes talleres está incluido todo o material para desenrolar a actividade, levaránse a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10.

Ver prazos de matrícula e prezos para cada Taller.


SETEMBRO:
-Encadernación artesanal:
Sábado 19 de setembro, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un caderno artesanal con lombo coa técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes.
Pasa unha tarde agradabel, aprende a técnica de encadernación de cosido contínuo de catro cortes e lévate a túa obra para casa.

Derradeiro día de inscrición Xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)




-Fotografía urbana:
Sábado 19 de setembro , de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h
Cada asistente deberá traer a súa cámara de fotos.
Mañán:
Na primera parte do taller daranse os coñecementos técnicos e teóricos da fotografía.
Tarde:
Neste segundo segmento os participantes realizarán fotografías durante un roteiro pola cidade aplicando os coñecementos adquiridos. 

Contido:
- Elementos básicos da fotografía:
obturador, diafragma,ISO
- Efectos fotográficos:
velocidade de obturación lenta, velocidad de obturación rápida, enfoque selectivo, profundidade de campo, zooming.
- Nocións de composición:
regra de tercios, liña do horizonte, perspectiva, xogo con liñas, composicións xeométricas, o marco, destacar un obxecto.

Derradeiro día de inscrición xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 40€ (todo o material incluido: apuntes) 



OUTUBRO:
-Pintura en cristal:
Sábado 17 de Outubro, de 17:00 a 20:00h.
Decoraremos diferentes pezas de cristal: tarros, bandexas… coa técnica de pintura cerámica.
Diferentes deseños a elexir ou creación propia do deseño a realizar.

Derradeiro día de inscrición xoves 15!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)




NOVEMBRO:
-Pintura en tea:
Sábado 14 de Novembro, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos varias técnicas de pintura sobre tecidos como o estarcido ou pintura a man sobre tea e realizaremos un bolso de tea pintado a man (que resistirá os lavados). (Se o prefires podes traer a túa propia prenda de roupa para decorala, recorda que debe ser tecido de algodón e que a debes traer lavada sen suavizante)
Diferentes deseños para elexir.

Derradeiro día de inscrición xoves 12!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)


Mil Cores, 10 anos convosco!