mércores, 7 de xaneiro de 2015

Sábado 17 intensivo de Pintura sobre Tecido


Sábado 17 de Xaneiro taller de pintura en tea, de 17:00 a 20:00h

Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos varias técnicas de pintura sobre tecidos como o estarcido ou pintura a man sobre tea e realizaremos un bolso de tea pintado a man (que resistirá os lavados). 

Se o prefires podes traer a túa propia prenda de roupa para decorala, recorda que debe ser tecido de algodón e que a debes traer lavada sen suavizante.
Teremos diferentes modelos para elexir.

Non é necesario ter ningún coñecemento previo.

Anótate antes do venres 16!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (materiais incluidos)

  Volta o campamento máis molón e creativo:ao noso campamento de verán!! +Info 622618535