mércores, 18 de maio de 2016

INTENSIVO DE MAIO: DECORACIÓN DE CUNCAS A MAN

INTENSIVO DE MAIO:

DECORACIÓN DE CUNCAS A MAN
Sábado 28 de Maio de 17:00 a 20:30h

Aprenderemos as técnicas de pintura en cristal e porcelana e realizaremos unha cunca cun deseño personalizado pintado a man, que levarás para a casa. 
Reserva de praza até o xoves 26, ás 20:00h
Custe: 40€ con tódolos materiais incluidos.


domingo, 8 de maio de 2016

Animación infantil

Como xa sabedes, levamos as nosas actividades a onde nos digades, por iso se queredes que a vosa festa sexa un día inolvidable para os máis peques, non dudedes en informarvos sobre as nosas actividades de animación infantil.
Para todo tipo de festas: vodas, comunións, bautizos, cumpreanos, festas de fin de curso...
Algunhas das actividades que realizamos son: pintacaras, xogos cooperativos, dinámicas grupais, xogos de mesa, gincanas, búsquedas do tesouro, actividades de traballos manuais e creativos.


domingo, 1 de maio de 2016

Aulas Creativas Verán 2016




Aulas Creativas cativos/as: Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h.
Dende a derradeira semana de Xuño, Xullo, Agosto e primeira semán de Setembro.

Os pícaros disfrutarán de diferentes actividades creativas adaptadas á súa idade con monitores especializados, ademáis de ter saída ao parque, sempre que o tempo o permita.
Dentro das actividades creativas estarán as manualidades, debuxo e pintura, creación de xoguetes que funcionan, taller de marionetas e escenificación no teatrillo, pintura de bolsas de tea, iniciación á fotografía e ao video, maquillaxe facial, obradorio de chapas…
Ademáis levaremos a cabo contacontos e creación colaborativa de contos, así como diferentes dinámicas de xogos cooperativos tanto en interior como nas saídas ao parque.

O obxectivo é que os nenos o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa, favorecendo ademáis a conciliación familiar.

Podéranse anotar por semanas, por quincena ou polo mes enteiro.
Os prezos serán de:
-1 días solto: 20€
-1 semana: 60€
-2 semanas: 100€
Con tódolos materiais incluidos.




xoves, 21 de abril de 2016

Talleres Puntuais mes de Maio



-Curtametraxe en 5 sesións:
Para rapaces a partir de 13 anos e adultos.

Venres 13 e 20 de 18:00 a 20:00h e Sábados 14, 28 e 04 de 18:30 a 20:30h
Cada asistente debe traer a súa cámaras ou mobil.
Programación:
-Guión
-Producción
-Rodaxe
-Posproducción/Montaxe

Custe: 80€






-Fotografía en 5 sesións:
Os xoves de 20:30 a 22:30h dende o 05 de Maio ao 02 de Xuño
Cada asistente debe traer a súa cámara de fotos.
Programación:
-Coñece a túa cámara
-Profundida de campo
-Obturación e sensibilidade
-Encadre e composición
-Técnicas fotográficas
Custe: 70€






-Escritura creativa en 3 sesións. (Xuvenil)
Para rapaces de 10 a 15 anos.
Os sábados de 17:00 a 18:30h dende o 07 ao 21 de Maio.
-Poesía
-Relato curto
-Creación de persoaxes
Custe: 40€


Inscricións no 622618535, ou en milcoreslugo@gmail.com

mércores, 30 de marzo de 2016

Belly Painting

Belly painting

Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.

Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

 Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.


luns, 28 de marzo de 2016

Intensivo de abril

Para ir quentando motores de cara ao verán propoñemos un taller intensivo de Pintura sobre Tecido:para preparar o noso bolso de tea cun debuxo personalizado.
Levarémolo a cabo o sábado dia 16 de 17:00 a 20:00h, non é necesario ter coñecementos previos e xa podedes reservar a vosa praza.
Como en tódolos nosos intensivos, poñemos todo o material necesario para a actividade e unha pequena merenda, porque o mellor xeito de aprender é en boa compaña. 


Talleres curtos de Abril

- CURTAMETRAXE EN 5 SESIÓNS (de 10 a 15 anos)
Tódolos Sábados dende o 16 de abril até o 14 de maio, de 17:00 a 19:00h
Cada asistente debe traer a súa cámaras ou mobil.
Programación:
-Guión
-Producción
-Rodaxe
-Posproducción/Montaxe
Prezo: 80€ (materiais incluidos)
Levaremos a cabo a nosa propia curtametraxe!



-FOTOGRAFÍA EN 5 SESIÓNS
Tódolos Mércores dende o 20 de abril até o 18 de maio, de 20:30 a 22:30h
Cada asistente debe traer a súa cámara de fotos.
Programación:
-Coñece a túa cámara
-Profundida de campo
-Obturación e sensibilidade
-Encadre e composición
-Técnicas fotográficas
Prezo: 70€ (materias incluidos)


Para calquera dos nosos talleres non é necesario ter coñecementos previos.

xoves, 3 de marzo de 2016

Intensivo do mes de Marzal: Encadernación xaponesa.

Intensivo do mes de Marzal: Encadernación xaponesa, caderno de notas coa súa funda.
-19 de Marzal taller de encadernación artesanal, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro de encadernación no que faceremos o noso propio caderno de viaxe coa súa funda.
Anótate antes do xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.

Prezo: 30€ (material incluido)

domingo, 31 de xaneiro de 2016

Talleres puntuais de Febreiro

Obradoiros Curtos (en 4 sesións):
-Deseño publicitario I: Os Xoves de 20:30 a 22:30h, dende o día 18 de Febreiro ao día 10 de Marzal. Programación: Achegamento a programas de debuxo vectorial por ordenador Creación e deseño de traxetas, octavillas e cartaces Custo: 60€ (materiais incluidos)
-Arranxos de costura: 
 Os Xoves de 20:30 a 22:30h, dende o día 18 de Febreiro ao día 10 de Marzal.   Poñer pinzas, Arranxar baixos e acortar mangas, Cambios de cremalleira, Cambios de cinturilla... Custo: 60€

Obradoiros Intensivos:
-Portamoedas de feltro con figuras de animais. Sábado 13 de Febreiro de 17:00 a 20:00h Levaremos a cabo un simpático portamoedas de feltro, tí elixes o modelo entre varias opcións. Custo: 30€
-Manualidades con refugallo: cuncas con serpentina. Sábado 20 de Febreiro de 17:00 a 20:00h 
 Con serpentina de papel levaremos a cabo a realización de cuncas ou cacharros semellantes aos realizados con cerámica: resistentes e portatodo. Custo: 30€







Comezo de clases