luns, 23 de xullo de 2018

Belly painting en Lugo



Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.

A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.

Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
15 imaxes retocadas en alta resolución
Dende 100€.

Tamén temos a posibilidade de sesión de maquillaxe, sen fotos, dende 60€ a sesión.

Infórmate sen compromiso no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com

domingo, 10 de xuño de 2018

Extraescolares e máis


Aquí vos deixamos algunhas das actividades que levamos a cabo en coles, institutos e asociacións, se estades interesados podedes chamar ao 622618535 ou enviar un mail a milcoreslugo@gmail.com e vos informamos encantados!


domingo, 3 de xuño de 2018

Fotografia dixital Xullo

Fotografía dixital en 5 sesións: Levarase a cabo a semana do 9 ao 13 de Xullo, en horario de 11:00 a 12:30h da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 75€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 5.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


Campamento de verán 2018



Campamento Creativo 2018
Durante as vacacións de Verán levaremos a cabo o Campamento Aulas Creativas, onde realizaremos diferentes actividades creativas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.
Dende o 25 de Xuño ao 07 de Setembro, en horario de 10:00 a 13:30h; dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
Inscricións por día, semana ou quincena.
Custe: 20€ cada día solto, 60€ toda a semana, quincena: 100€.
Aberto periodo de inscrición.





Talleres creativos continuados


Talleres creativos para os máis peques: grupos de 5 a 13 anos en Mil Cores!
xa podedes reservar praza para o curso que ven, comezamos en setembro.
-Mércores de 18:00 a 19:30h
-Venres de 16:30 a 18:00h
-Sábados de 11:30 a 13:00h
Elixe o horario que mellor te vaia.
Matrícula gratuita, custe: 30€ ao mes.
Máis info no 622618535 ouno mail: milcoreslugo@gmail.com.



luns, 7 de maio de 2018

Taller curto de maio: Fotografía Dixital.


Novo taller curto de Maio: Fotografía dixital. 
inscricións até o venres 18 de maio, comezamos o martes día 22, de 20:30 a 22:30h
Custe: 75€ todo o taller.


luns, 12 de marzo de 2018

Especial día do pai



Taller especial polo día do pai: para peques de 5 a 12 anos. O sábado 17 de marzo de 17:00 a 18:00h.
Aberta reserva de praza no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com, grupos reducidos.
Custe 10€

luns, 19 de febreiro de 2018

Talleres curtos de Marzo

Fotografía Dixital en 4 sesións: os mércores de Marzo de 20:30 a 22:30h. Custe 75€ o taller completo. Inscricións no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.





Restauración do moble e tapicería en 4 sesións: os venres de Marzo de 18:30 a 20:30h. Custe 75€ o taller completo. Inscricións no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.


sábado, 13 de xaneiro de 2018

Intensivo de febreiro



Sábado día 3 de febreiro de 17:00 a 20:30h
Intensivo de Decoración en cristal, coñece as técnicas e os materiais e decora có que prefiras: decoupage, pintura vitral ou cerámica, pintura en relieve... Custe: 30€ (materiais e merenda incluidos)
Reserva de praza en milcoreslugo@gmail.com ou no 622618535

Talleres curtos de Febreiro

Aquí vos deixamos os talleres curtos de Febreiro: Fotografía Dixital en 4 sesións os mércores de 20:30 a 22:30h por 75€ e aprender a Coser a Máquina os xoves de 18:30 a 20:00h por 60€, xa podedes reservar praza no 622618535 ou cun mail a milcoreslugo@gmail.com





sábado, 9 de decembro de 2017

Comezo de clases