mércores, 23 de agosto de 2023
luns, 7 de agosto de 2023
venres, 19 de maio de 2023
Campamentos creativos de verán!!
Do 26 de Xuño ao 14 de Xullo, de 10:00h a 14:00h, de luns a venres
Realizaremos diferentes actividades creativas, saídas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dun xeito divertido e adaptado a cada idade da man de monitores especializados.
Semana do 26 de xuño. As cores e o que nos provocan: exploraremos as diferentes cores, as súas combinacións e o que nos evocan. Pintaremos unha prenda de vestir baseándonos na teoría da cor.
Semana do 3 de xullo. A forza da liña e a composición: veremos a importancia da liña no debuxo e aprenderemos a compoñer imaxes con diferentes técnicas artísticas. Faremos saídas buscando as liñas na natureza e na cidade para plasmalas depois nunha obra artística.
Semana do 10 de xullo. Luces e sombras: os claros e os oscuros son os que dotan de volume ás figuras, ademáis comprobaremos a potencialidade das sombras en facetas artísticas como o teatro de sombras.
mércores, 10 de maio de 2023
Matrícula curso 2023/24
A partires do día 9 de maio abrimos o prazo de renovación de inscricións para o vindeiro curso 2023/24, para as alumnas/os actualmente inscritos este ano.
venres, 31 de marzo de 2023
Vacacións de Primaveira.
Vacacións de primaveira do 3 ao 10 de abril incluidos: Saímos en busca de novas ideas! Vémonos o día 11.
mércores, 25 de xaneiro de 2023
Taller de fotografía dixital!
sábado, 21 de xaneiro de 2023
Xa estamos de volta!!
Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.