sábado, 19 de decembro de 2020

Este ano moitas festas terán que ser na distancia, pero os corazóns permanecerán máis xuntos que nunca e dende Mil Cores vos enviamos todo o agarimo, forza e os mellores desexos envoltos nas máis fermosas cores.
 
luns, 13 de xullo de 2020

Obradorios en 3 sesións Agosto

Da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Sacaraslle o máximo partido á túa cámara por medio de clases teóricas e prácticas realizando fotos en interior e exterior. Dous grupos a elexir:

-Fotografía dixital (entre 10 e 16 anos):
10, 12 y 14 de agosto de 11:00 a 12:30h
Custe: 45€

-Fotografía dixital (adultos, a partir de 17 anos):
10, 12 y 14 de agosto de 18:00 a 20:30h
Custe: 60€

Máximo 6 persoas, reserva de praza por orde de inscrición, prazo de inscrición aberto no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com.

Non é indispensable traer cámara de fotos.

martes, 30 de xuño de 2020

Obradoiros en dúas sesións Xullo.

Xa vos podedes inscribir aos nosos talleres en dúas sesións de Xullo, prazas reducidas e por orde de inscrición.

Materiais incluidos, custe do taller: 40€

+Info 622618535

Campamento de verán

Campamento de verán
Na procura de favorecer a conciliación familiar e que os peques disfruten dun tempo de lecer diferente onde o eixe central sexa a creatividade decidimos abrir o proceso de inscrición para o noso campamento de verán que este ano comezará o vindeiro dia 15 de xuño ate o 04 de setembro e estará marcado pola limitación e reducción de prazas e o cumplimento das medidas sanitarias e de distancia e aforo que nos indican sanidade e o goberno.
As prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición.
Podedes inscribirvos por día, semana ou quincena, reservade xa a vosa praza.
Mais info no 622618535

domingo, 24 de maio de 2020

25 de Maio: Volta as actividades presenciais

Este luns día 25 retomamos as actividades no local, será en grupos moi reducidos, gardando as medidas necesarias para garantir a seguridade de todas e con novos horarios provisionais.
Agardamos vervos a todos!!!

MEDIDAS COVID-19. FASE II
Para poder disfrutar con tranquilidade e a maior seguridade:
- Utilización de mascarillas ou pantalla protectora facial dos asistentes e do persoal.
- Utilización de xel hidroalcohólico ao entrar no local e cada vez que se necesite unha vez dentro.
- Grupos reducidos gardando a separación recomendada e as indicación do 30% de aforo.
- Ventilación e desinfección periódica e entre cada grupo.
- Non utilizaremos guantes priorizando o lavado de mans (seguindo as recomendacións sanitarias e tentando reducir a contaminación no medio ambiente).
- Utensilios de uso persoal para os asistentes.

Ademais, este ano as actividades prolongaranse todo o verán, para tentar facilitar a conciliación familiar e ofrecer un tempo de ocio diferente, sumando unha programación específica nos meses de Xullo e Agosto.

Moitas grazas pola vosa confianza, entre todos imos ir adaptándonos a nova situación para superala.

luns, 18 de maio de 2020

Volta as actividades na Fase II

Preparando a reapertura!!

Lémbramos que as clases presenciais se retomarían o luns día 25, si se aproba que a nosa comunidade pase á Fase 2.

Moitas grazas pola vosa confianza, entre todos imos ir adaptándonos a nova situación para superala.

Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.