mércores, 26 de abril de 2017

Taller curto de Maio: Arranxos de costura en 4 sesións



Farta de tirar a roupa que non te sirve, cansado de ter caixas de roupa que precisan pequenos arranxos pero que non sabes como levalos a cabo?
No taller en 4 sesións de Arranxos de Costura descubrirás e aprenderás a realizar eses pequenos arranxos que farán a túa vida máis cómoda e te permitirán seguir aproveitando a túa roupa por máis tempo.
Arranxar baixos, poñer pinzas, cambiar cremalleiras ou cinturillas xa non serán un problema para ti.
insrcición até o sábado 06 de Maio pola noite no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com

Intensivo de Maio: pintura en tecido


Que mellor forma de prepararnos para o verán que preparando as nosas camisetas ou bolsos de tea cun colorido deseño feito a man?
Neste intensivo coñecerás a técnica de pintura manual sobre tecido con pinturas que resisten aos lavados e ademáis levaraste para casa a túa prenda totalmente personalizada.
Reserva de praza até o xoves día 11 no 622618535 ou no mail milcoreslugo@gmail.com

Xa estamos de volta!!

 Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.