luns, 13 de xullo de 2020

Obradorios en 3 sesións Agosto





Da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Sacaraslle o máximo partido á túa cámara por medio de clases teóricas e prácticas realizando fotos en interior e exterior. Dous grupos a elexir:



-Fotografía dixital (entre 10 e 16 anos):
10, 12 y 14 de agosto de 11:00 a 12:30h
Custe: 45€

-Fotografía dixital (adultos, a partir de 17 anos):
10, 12 y 14 de agosto de 18:00 a 20:30h
Custe: 60€

Máximo 6 persoas, reserva de praza por orde de inscrición, prazo de inscrición aberto no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com.

Non é indispensable traer cámara de fotos.

Novo grupo para os peques da casa