domingo, 24 de maio de 2020

25 de Maio: Volta as actividades presenciais

Este luns día 25 retomamos as actividades no local, será en grupos moi reducidos, gardando as medidas necesarias para garantir a seguridade de todas e con novos horarios provisionais.
Agardamos vervos a todos!!!

MEDIDAS COVID-19. FASE II
Para poder disfrutar con tranquilidade e a maior seguridade:
- Utilización de mascarillas ou pantalla protectora facial dos asistentes e do persoal.
- Utilización de xel hidroalcohólico ao entrar no local e cada vez que se necesite unha vez dentro.
- Grupos reducidos gardando a separación recomendada e as indicación do 30% de aforo.
- Ventilación e desinfección periódica e entre cada grupo.
- Non utilizaremos guantes priorizando o lavado de mans (seguindo as recomendacións sanitarias e tentando reducir a contaminación no medio ambiente).
- Utensilios de uso persoal para os asistentes.

Ademais, este ano as actividades prolongaranse todo o verán, para tentar facilitar a conciliación familiar e ofrecer un tempo de ocio diferente, sumando unha programación específica nos meses de Xullo e Agosto.

Moitas grazas pola vosa confianza, entre todos imos ir adaptándonos a nova situación para superala.

luns, 18 de maio de 2020

Volta as actividades na Fase II

Preparando a reapertura!!

Lémbramos que as clases presenciais se retomarían o luns día 25, si se aproba que a nosa comunidade pase á Fase 2.

Moitas grazas pola vosa confianza, entre todos imos ir adaptándonos a nova situación para superala.

xoves, 14 de maio de 2020

Preparando a volta ás presenciais.

Xa estamos traballando para voltar ás clases presenciais na fase 2.
Tomaremos todas as medidas necesarias para garantir a vosa seguridade e a nosa; seguiremos os criterios marcados polas autoridades sanitarias e o Goberno en canto a aforo, distancias establecidas, medidas de prevención e desinfección e vos iremos informando delas.

Xa falta pouco, con responsabilidade e ilusión, seguiremos adiante.

Lembrade que podedes contactar con nós no 622618535.

Reto 4 paso a paso: bodegón moderno.

Desta volta imos realizar un bodegón moderno, para peques e adultos, a realizar neste samana: só tedes que seguir o debuxo paso a paso, darlle cor e subilo as redes etiquetándonos (@MilCoresLugo).

Veredes como é ben sinxelo aprender a debuxar e que non hai idade para facelo. Non os saltedes ningún paso!!

domingo, 10 de maio de 2020

Reto 3 paso a paso

Mini-eu, para peques e adultos, a realizar neste samana: só tedes que seguir o debuxo paso a paso, darlle cor e subilo as redes etiquetándonos (@MilCoresLugo).
Imos con algo ben divertido: temos que facer un debuxo de nós mesmos, coma se foramos unha persoaxe dun conto, para elo debedes seguir o paso a paso e prestar atención ás instruccións para poñerlle os vosos atributos e que se vos pareza.

Veredes como é ben sinxelo aprender a debuxar e que non hai idade para facelo. Non os saltedes ningún paso!!

#EuQuedoNaCasa #FrearACurva #LugoMola #LugoTenMoitoArte #acuarentenapasaaxiña
#YoMeQuedoEnCasa #FrenarLaCurva #Debuxando
#MilCores #opoderdunlapiz #EnLugoCreamos

Mil Cores, 10 anos convosco!