mércores, 18 de setembro de 2019

mércores, 4 de setembro de 2019

Horarios 2019/2020 Setembro

Aquí tedes os horarios deste curso para setembro. lembrade que se vos anotades para comezar agora tedes o mes de outubro de blade.


Resumo da inauguración.

Con motivo dos 6 anos de Mil Cores e o cambio de local decidimos facer unha pequena festa onde non faltou a boa música en directo nas mans de Los Mustélidos, o arte en forma de exposición de Vanessa Somoza (unha das nosas mestras), comida, bebida a compaña de moitos amigos e amigas.

Queremos agradecervos a todas a gran acollida que nos dístedes e lembrarvos que Mil Cores sodes vós; e marabilloso poder contar con tantos amigos, grandes artistas e mellores persoas.

Agora vos emprazamos a comezar con nós un Outono de arte e gratos momentos compartidos nas nosas aulas e talleres.

Agradecemento especial aos músicos, a Viva Lugo, a Iván Mouronte a á familia que sempre está ao carón, sobre todo cando máis falta fai.

Deixámosvos unhas fotiñas da festa e vémonos en ronda das Fontiñas 146, Lugo.







Mil Cores, 10 anos convosco!