domingo, 10 de xuño de 2018

Extraescolares e máis


Aquí vos deixamos algunhas das actividades que levamos a cabo en coles, institutos e asociacións, se estades interesados podedes chamar ao 622618535 ou enviar un mail a milcoreslugo@gmail.com e vos informamos encantados!


domingo, 3 de xuño de 2018

Fotografia dixital Xullo

Fotografía dixital en 5 sesións: Levarase a cabo a semana do 9 ao 13 de Xullo, en horario de 11:00 a 12:30h da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 75€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 5.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com


Campamento de verán 2018



Campamento Creativo 2018
Durante as vacacións de Verán levaremos a cabo o Campamento Aulas Creativas, onde realizaremos diferentes actividades creativas e xogos para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.
Dende o 25 de Xuño ao 07 de Setembro, en horario de 10:00 a 13:30h; dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
Inscricións por día, semana ou quincena.
Custe: 20€ cada día solto, 60€ toda a semana, quincena: 100€.
Aberto periodo de inscrición.





Talleres creativos continuados


Talleres creativos para os máis peques: grupos de 5 a 13 anos en Mil Cores!
xa podedes reservar praza para o curso que ven, comezamos en setembro.
-Mércores de 18:00 a 19:30h
-Venres de 16:30 a 18:00h
-Sábados de 11:30 a 13:00h
Elixe o horario que mellor te vaia.
Matrícula gratuita, custe: 30€ ao mes.
Máis info no 622618535 ouno mail: milcoreslugo@gmail.com.



Novo grupo para os peques da casa