mércores, 18 de marzo de 2020

Enviádenos os vosos traballos

Como temos que estar na casa e non podemos ver aos nosos artistas e, ademáis sabemos de moitos máis que están cada un na súa casa, propoñémosvos un xogo:

-Facede un debuxo, manualidade ou foto.
-Subídea a Facebook (aos peques vos axudarán os adultos).
-Etiquetádenos (@MilCoresLugo).
-Faremos unha estupenda exposición virtual coa vosa arte!!


domingo, 16 de febreiro de 2020

Talleres intensivos de Marzo



INTENSIVO DE ENCADERNACIÓN BELGA:

Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.





MANUALIDADES EN FAMILIA:

Comezamos unha nova serie de talleres de manualidades para realizar en familia: un peque acompañado dun adulto para pasar unha tarde divertida creando estupendas manualidades xuntos, neste caso levaremos a cabo un marco para fotos con paliños de madeira e o decoraremos. O taller será o sábado 14 de marzo de 17:00 a 20:00h

O taller inclúe tódolos materiais e merenda. Custe: 30€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa.

domingo, 26 de xaneiro de 2020

Belly painting


Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.

A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.

Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
15 imaxes retocadas en alta resolución
Dende 100€.

Tamén temos a posibilidade de sesión de maquillaxe, sen fotos, dende 60€ a sesión.
Infórmate sen compromiso no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com
 
 

xoves, 16 de xaneiro de 2020

Monográficos de Febreiro


Monográficos de febreiro: cuncas personalizadas e fotografía infantil o sábado 08 de febreiro e máscaras de entroido infantil o sábado 15.

Custe: 30€ cada taller, material incluido.

 

Taller curto de Febreiro




Escritura creativa en catro sesións, os xoves de Febreiro de 20:30 a 22:00h. Saca o escritor que levas dentro!
Custe: 40€

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Monográficos de xaneiro




Estes son os intensivos de Xaneiro:
-Encuadernación belga para adultos, sábado 11.
-Escrapbooking para os máis peques, sábado 18.
De 5 a

Inclúen todo o material. Custe 30€.
Inscricións no 622618535.

#MilCores #Lugo #Galicia #Pintura #Acuarela #Dibujo #Debuxo #Color #Cor #Colour #Paint #Art #Artwork #Niños #Adultos #Nenos #Cursos #Encuadernacion #Encadernacion #TraballosManuais #Manualidades #Kids #Creatividade #Ocio #Lecer #Creatividad #Academia #Talleres #Regalo #Nadal

martes, 17 de decembro de 2019

Prontuario de Vanessa Somoza


Este xoves 19, ás 20:30h unha das nosas profes inaugura expo en O Vello Cárcere de Lugo, animámosvos a todas e todos a asistir e descubrir parte da obra figurativa da nosa artista!.
Poderedes visitar a mostra até o 08 de marzo.

luns, 9 de decembro de 2019

Nadal Creativo (de 3 a 12 anos)

 
 
Para que os máis peques disfruten dun Nadal cheo de arte e creatividade temos unha programación especial para eles:
Talleres creativos durante as vacacións de Nadal, de luns a venres, de 11:30 a 13:00 (excepto 24, 25, 31 e 01) por 5€ cada día.
Xa podedes reservar a praza do voso peque no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.

luns, 2 de decembro de 2019

DESCONTO DE NADAL!



DESCONTO DE NADAL: Todas as novas altas deste mes no taller de pintura e manualidades para adultos dos Martes de 16 a 18h teredes un desconto do 50% durante os meses de Xaneiro e Febreiro.

Inscricións durante decembro no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com

Enviádenos os vosos traballos

Como temos que estar na casa e non podemos ver aos nosos artistas e, ademáis sabemos de moitos máis que están cada un na súa casa, propoñé...