mércores, 6 de xullo de 2016

Campamento de verán



Aulas Creativas cativos/as: Dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h.
Dende a derradeira semana de Xuño, Xullo, Agosto e primeira semán de Setembro.

Os pícaros disfrutarán de diferentes actividades creativas adaptadas á súa idade con monitores especializados, ademáis de ter saída ao parque, sempre que o tempo o permita.
Dentro das actividades creativas estarán as manualidades, debuxo e pintura, creación de xoguetes que funcionan, taller de marionetas e escenificación no teatrillo, pintura de bolsas de tea, iniciación á fotografía e ao video, maquillaxe facial, obradorio de chapas…
Ademáis levaremos a cabo contacontos e creación colaborativa de contos, así como diferentes dinámicas de xogos cooperativos tanto en interior como nas saídas ao parque.

O obxectivo é que os nenos o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa, favorecendo ademáis a conciliación familiar.

Podéranse anotar por semanas, por quincena ou polo mes enteiro.
Os prezos serán de:
-1 días solto: 20€
-1 semana: 60€
-2 semanas: 100€
Con tódolos materiais incluidos.

Mil Cores, 10 anos convosco!