mércores, 28 de setembro de 2016

Talleres Continuados 2016/2017

En Mil Cores estamos formando os grupos dos talleres continuados para o curso 2016/2017, se estás interesado nalgún só tes que poñerte en contacto con nós no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com.


Os nosos talleres continuados teñen un prezo de 22€ ao mes, temos grupos para todas as idades e niveis: iniciación ou perfeccionamento e non é necesario ter experiencia previa.


Pintura, fotografía, costura, restauración do moble, traballos manuais, curtametraxes… se queres aprender e pasar un rato agradable ven a Mil Cores!


venres, 16 de setembro de 2016

Video creación en Mil Cores



Aquí vos deixamos un  dos videos da Gala dos Premios Lider 2016, neste caso o Intermedio de Baloncesto: un gustazo levar a cabo estes traballos!

En Mil Cores levamos a cabo a realización de curtas, spots, documentais, video clips e video currículums, se estás interesado nalgún traballo audiovisual ou de video creación ponte en contacto con nós no 622618535, sen compromiso.

Belly Painting


Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.
 Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.



Mil Cores, 10 anos convosco!