martes, 28 de marzo de 2017

Intensivo de encadernación belga

Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 22 de abril pola tarde non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.

O taller intensivo levarase a cabo o sábado 22, de 17:00 a 20:00h, con tódolos materiais e merenda incluida. Custe: 25€.

Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa no 622618535 ou enviando un mail a milcoreslugo@gmail.com, antes do xoves día 20.


Campamento artístico infantil en Semana Santa.

Acércase Semana Santa e como non podía ser doutro xeito en Mil Cores abrimos as portas todas as mañás para os máis meniños da casa.
Campamento artístico, de 4 a 12 anos; luns, martes e mércores de Semana Santa, para que os peques creen e aprendan divertíndose e para facilitar a conciliación familiar.

De 9:30 a 13:30h con tódolos materiais incluidos, custe: 50€ os tres días ou 20€ cada día solto.

Faremos un sinfin de manualidades, pinturas e debuxos; xogaremos e bailaremos e, sobre todo imaxinaremos e reiremos.

É necesaria a inscrición previa cunha chamada ao 622618535 ou un mail a milcoreslugo@gmail.com. Prazo de inscrición até o xoves día 06 de Abril.
 
 

Mil Cores, 10 anos convosco!