martes, 23 de xuño de 2015

Xullo en Mil Cores para todas as idades.

Obradoiros Mil Cores de Xullo:

-Para adultos:
Pintura Artística e Traballos Manuais, dous horarios a elexir: os xoves de 17:30 a 19:30h e os venres de 11:00 a 13:00h (22€ o mes)

-Para nenos e nenas de 4 a 12 anos:
Aulas Creativas de 9:00 a 14:00h de luns a venres (50€ toda a semana, 20€/día para días soltos, 8€/hora por horas soltas)

Mil Cores é teu Centro de Creatividade e Lecer de Lugo, non perdas a oportunidade de crear e divertirte a un tempo da man dos mellores profesionais da cidade.






luns, 1 de xuño de 2015

Aulas Creativas verán 2015

Durante todo o verán levaremos a cabo diferentes actividades creativas e xogos ao aire libre para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar dende o luns 22 de Xuño até o xoves 10 de Setembro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

O obxectivo é que os nenos e nenas o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa. Podéranse anotar por horas, días soltos ou semanas compretas.

Aberto prazo de inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición.



Programación da primeira semana:

Mil Cores, 10 anos convosco!