sábado, 21 de febreiro de 2015

Así é Mil Cores




Listado de Obradoiros Continuados (consulta a nosa lista de Intensivos na pestana Que facemos? deste blogue. Os horarios son orientativos. Tamén levamos Mil Cores a túa casa, asociación, ampa... Infórmate sen compromiso no Tlf 622618535.)


mércores, 18 de febreiro de 2015

Se queredes facer unhas curtas de calidade non podedes  faltar ao noso Intensivo deste sábado; Guión para Audiovisuais (adultos)

Lembrade que tedes até este venres ás 17:00h para anotarvos.
Prezo: 30€ con todo o material incluido.


luns, 9 de febreiro de 2015

Febreiro en Mil Cores: Obradoiros puntuais

Aulas creativas Entroido: dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Durante os días de Entroido levaremos a cabo diferentes actividades creativas para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.
As aulas creativas terán lugar o Luns 16, Martes 17 e Mércores 18 de Febreiro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4a 12 anos. Con todo o material incluido e prazas limitadas por orde de inscrición.
Levaremos a cabo, entre outras cousas, xogos de cohesión grupal e cooperativos, taller de máscaras de entroido, contacontos do entroido en Galicia, creación de persoaxes e representación de historias cós títeres realizados, faremos xoguetes con material de refugallo que funcionan, taller de fotografía, autorretratos Pop Art, taller de modelado e pintura, maquillaxe facial e xogos musicais.
Por 20€ cada dia, con todo o material incluido.
Reserva xa a praza do teu pícaro/a!


Sábado 14 de Febreiro de 17:00 a 20:00h: obradoiro de máscaras de entroido para os máis peques da casa (de 4 a 12 anos) con festa incluida. Levarán a cabo as súas propias mascaras e despois teremos festa de entroido con maquillaxe facial.Anótate antes do venres 13!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)



-Sábado 21 de 16:30 a 20:30: obradoiro de guión de audiovisuais. Os contidos a tratar son:
-Creación de persoaxes
-Tratamento
-Sinopse
-Guión literario
-Guión técnico
-Estilos
Anótate antes do venres 20!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)

luns, 2 de febreiro de 2015

Intensivo Caixa-album de recordos


Lembrade que tedes ate este venres para anotarvos ao noso obradoiro deste sábado 07.
Por só 25€ con todo o material incluido.

Novo grupo para os peques da casa