domingo, 16 de decembro de 2018

Máquina de coser

APRENDE A USAR A TÚA MÁQUINA DE COSER, en 4 sesións:
-Aprende a usar a túa máquina de coser, comezará o xoves dia 10 de xaneiro de 18:30 a 20:00h e levarase a cabo até o derradeiro xoves de xaneiro (incluído). Impartido por Mary Dominguez.
Aprenderemos os segredos da máquina: enfiar, cambiar as bobinas, diferentes tipos de puntadas, facer ojales... Ademáis de aprender a coser correctamente.
Custe: 70€ todo o taller.
Grupos reducidos, máximo 8 persoas
Reserva de praza até o venres dia 04 de xaneiro no 622618535 ou no mail milcoreslugo@ gmail.com

Fotografía dixital en 4 sesións



Fotografía dixital en 4 sesións: Levarase a cabo en Xaneiro, despois de Reis: dende o mércores 09 até o mércores 30, en horario de 20:30 a 22:30hh da man de Leandro Escudero aprenderedes as técnicas e pautas para sacar magníficas fotos. Coñeceremos as nosas cámaras en profundidade e veremos temas como: profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e levarás a cabo prácticas fotográficas.
Custe: 75€ con todo o material incluido (só tedes que traer a vosa cámara)

Reserva de praza até o día 4 de Xaneiro.

Inscricións no 622618535 ou milcoreslugo@gmail.com




Novo grupo para os peques da casa