mércores, 30 de marzo de 2016

Belly Painting

Belly painting

Belly painting, a arte de debuxar a barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.

Consiste en pintar o abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas. A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.

 Ademáis, o belly painting é un xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e creativa no ventre da nai.

Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada

Dende 100€, consúltanos sen compromiso.


luns, 28 de marzo de 2016

Intensivo de abril

Para ir quentando motores de cara ao verán propoñemos un taller intensivo de Pintura sobre Tecido:para preparar o noso bolso de tea cun debuxo personalizado.
Levarémolo a cabo o sábado dia 16 de 17:00 a 20:00h, non é necesario ter coñecementos previos e xa podedes reservar a vosa praza.
Como en tódolos nosos intensivos, poñemos todo o material necesario para a actividade e unha pequena merenda, porque o mellor xeito de aprender é en boa compaña. 


Talleres curtos de Abril

- CURTAMETRAXE EN 5 SESIÓNS (de 10 a 15 anos)
Tódolos Sábados dende o 16 de abril até o 14 de maio, de 17:00 a 19:00h
Cada asistente debe traer a súa cámaras ou mobil.
Programación:
-Guión
-Producción
-Rodaxe
-Posproducción/Montaxe
Prezo: 80€ (materiais incluidos)
Levaremos a cabo a nosa propia curtametraxe!



-FOTOGRAFÍA EN 5 SESIÓNS
Tódolos Mércores dende o 20 de abril até o 18 de maio, de 20:30 a 22:30h
Cada asistente debe traer a súa cámara de fotos.
Programación:
-Coñece a túa cámara
-Profundida de campo
-Obturación e sensibilidade
-Encadre e composición
-Técnicas fotográficas
Prezo: 70€ (materias incluidos)


Para calquera dos nosos talleres non é necesario ter coñecementos previos.

xoves, 3 de marzo de 2016

Intensivo do mes de Marzal: Encadernación xaponesa.

Intensivo do mes de Marzal: Encadernación xaponesa, caderno de notas coa súa funda.
-19 de Marzal taller de encadernación artesanal, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro de encadernación no que faceremos o noso propio caderno de viaxe coa súa funda.
Anótate antes do xoves 17!! Prazas limitadas por orde de inscrición.

Prezo: 30€ (material incluido)

Mil Cores, 10 anos convosco!